1. Actividades lectivas
As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.
2. Vacacións escolares
Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:
– Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.
– Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.
– Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.
3. Días non lectivos
_ Día do Ensino: 31 de outubro de 2024
_ Festivo local: Día da Virxe da Franqueira 9 de xuño de 2025
_ Día non lectivo elixido polo centro: 2 de maio
4. Período de adaptación do alumnado de educación infantil
A incorporación gradual do alumnado no cuarto curso da etapa a que se refire o artigo 4 da Orde do 30 de maio de 2023 non se prolongará máis alá do 17 de setembro de 2024.