Skip to Content

Convocatoria axudas libros de texto

Fondo solidario de libros detexto e axuda para adquirir libros de texto e material escolar

PRAZOS E LISTAXES 

Obxecto da convocatoria e procedemento

Segundo a Orde do 29 de abril de 2022 (DOG do 18 de maio), pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial, para  o curso escolar 2022/2023.

A solicitude faise toda no mesmo Anexo: Fondo de libros, adquisición de libros e material escolar.

Presentación

Deberán presentar a solicitude cubrindo o Anexo I e II que poderán recollelo no propio Centro ou directamente do DOG do 18 de maio de 2022 (páxinas 29015 á 29018) ou tamén na páxina web do Colexio https://edu.xunta.es/centros/cpimaside/

Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno presentarase orixinal e copia da documentación,  co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.

Na convocatoria actual os  cidadán  poderán,  ademais,    realizar  a  solicitude  accedendo  á  aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

·       Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala).

·       Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

Xunto cos Anexos I e II deberán presentar no Centro a seguinte documentación:

 

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

a) Libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2020, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
  • Certificado de defunción

 b) E de ser o caso:

  •  Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia.
  • Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  •  Incapacitación xudicial coa patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial.

 Alumnado de EE, con discapacidade ≥65% ou en tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 O alumnado de educación especial ou con discapacidade ≥65%, de ser o caso:

  • Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia.

 O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia:

  • Resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.

 A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

 

IMPORTANTE: O Anexos I e II deberán entregarse no centro perfectamente cubertos en TÓDOLOS seus apartados, asinando na folla 3 os membros da unidade familiar que corresponda.

 

As solicitudes entregaranse no Centro e presentarase unha única por familia para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/2021.

O prazo de presentación das solicitudes será: ata o 22 de xuño de 2022.

Obrigas dos beneficiarios

Para optar a ditas axudas é imprescindible ter devolto os libros adquiridos no pasado curso 2021/2022 antes do día 22 de xuño deste ano.

 

 

 

Impreso Solicitude (Anexo I e II)

Máis información na paxina web da Consellería de Educación



page | by Dr. Radut