2010-2011

O día 23 de marzo os alumnos de 3º viaxamos ata Padrón para visitar a antiga casa de Rosalía de Castro. Un xardín de grava e camelias alumeounos o camiño ata a fermosa casa. Alí, entre cadros e recordos, observamos como foi a vida da escritora galega e a súa familia. Onde comeu, durmiu e viviu. Case podiamos vela, sentada no escritorio, creando novos libros de poemas, deixando voar a imaxinación e sendo feliz rimando versos... Seguro que ninguén esquecerá a pequena gran vida desta muller, a nosa querida Rosalía de Castro.

Marta Torres  

 

Os alumnos e alumnas de 3º da ESO fixemos unha saída o 23 de marzo do 2011 a Santiago. Fomos ao Mupega (Museo Pedagóxico de Galicia) e alí amosáronnos a diferenza das aulas, colexios e xogos da actualidade á época dos nosos avós. Primeiro ensináronnos un vídeo onde explicaba o que máis tarde iamos ver. Despois leváronnos por diferentes rincóns do museo mostrándonos aulas antigas, aparatos de ensinanza e, por último, os laboratorios e aparellos que se empregaban nas poucas universidades que existían.

Karla Pacheco

 

 Se queres ver as fotos que fixemos preme aquí.

 
 

Porque quen ten un avó ou unha avoa ten un tesouro, os nosos maiores axudáronnos a construir un recopilatorio refraneiro popular galego e tamén participan na web. E se non,...ollade!                                                   

ESTES SON:

Leonor Vicente e Manuel Álvarez, Gabriela Ladrero, José Coballes, María Paz Martínez, Cristina Ferreira, Jose Fernández e Dolores Mártínez, Rafael Barbosa, Esperanza Alonso, Chela Iglesias, María Treinta e Crisanto Martínez, Anesia Dorado, Elisa Conde, Natividad Vicente, Pilar Martínez e Joaquín Vicente, Nieves Álvarez e Manuel Otero, Mª del Carmen Adrover, Julia Estévez (bisavoa), Rosario Gómez, José Alonso e Elisa Otero, Fernando Rodríguez e Graciosa Vicente, Marisol Alonso e Juan Antonio Lorenzo, Mercedes Rodríguez e Luis Troncoso, Bernardina Alonso e Jose Carlos Portela, Antonia Verde.

 

EN SANTA MARIA, VIXÍA A TÚA VIÑA. (Noa)

A CALZAS VELLAS, BRAGUETA NOVA. (Miguel)

 

 PERSOA QUE É CURIOSA, TEN UN REFRÁN PARA CADA COUSA. (Coraima)

 

O QUE SE DEITA CON NENOS, MEXADO SE LEVANTA. (Brayan)

 REUNIÓN DE RAPOSAS, PERDICIÓN DE GALIÑEIROS. (Ainoa)

 

 GAIVOTAS Á TERRA, MARIÑEIROS Á MERDA. (Ángela)

OS PALOTES DO REBUSCO, TEÑEN DOBRE GUSTO. (Elena)

 

POR SANTA LUCÍA CRECEN OS DÍAS UNHA PATA DE GALIÑA. (María)

 

 CANDO DEUS QUERÍA, ATA DO NORTE CHOVÍA. (Rita)

 

QUEN VAI AO RÍO, MOLLA O CU. (Jorge)

 

O QUE SE ABRIGA DEBAIXO DA FOLLA, DÚAS VECES SE MOLLA. (Christian)

 

UN GRAN NON FAI O GRANEIRO, PERO AXUDA AO SEU COMPAÑEIRO. (Javier)

NON PIDAS A QUEN PEDÍU NIN SIRVAS A QUEN SERVÍU. (Sofía)

 

 EN XANEIRO, MELLOR CARBALLO QUE CASTIÑEIRO. (Isolda)

A VACA QUE NON COME CANDA OS BOIS, TEN QUE COMER ANTES OU DESPOIS. (Miguel)

A PAN DURO, DENTE AGUDO. (David)

COA MULLER E CO DIÑEIRO, NON XOGUES COMPAÑEIRO!. (Brayan)

HOME PEQUENO, SACO DE VELENO. (Ainoa)

GARDA PAN PARA MAIO E HERBA PARA O TEU CABALO. (Coraima)

DOCE GALIÑAS E UN GATO COMEN TANTO COMO UN CABALO. (Christian)

EN MARZO, TÓSTANSE AS DAMAS NO PALACIO. (Rubén)

   

 

A AVE DE PASO, FUNGUEIRAZO. (Iria)

SANTOS HAI QUE O DEMO LEVA. (Ángela)

ANDA O LADRÓN DETRÀS DO QUE ROUBA. (María)

 

EN SAN ANDRÉS, O QUE TEN CATRO PORCOS MATA TRES. (Javier)

SE MATAS O PORCO POLAS "NAVIDADES" QUE NON O SAIBAN AS TÚAS AMIZADES, PERO SE O MATA O VECIÑO, PROCURA TOPALO NO CAMIÑO. (Rita)

A QUEN NON LLE SOBRE PAN, QUE NON CRÍE CAN. (Isolda)

SE A MERDA VALESE DIÑEIRO, OS POBRES NACERÍAN SEN CU. (Isolda)

O QUE ANTES DE CURA FOI FRAILE, O QUE PASA NA COCIÑA BEN O SABE. (Sofía)

NO SAN XOAN O MILLO TAPA O RABO DO CAN. (Noa)

POR QUE QUEDACHES TAN PEQUENIÑO? PORQUE ME SEMENTARON EN SAN MARTIÑO. (Noa)

CANDO AS CARACOCHAS EMPEZAN A PINGAR OS FUNGOS PODES ATOPAR.(Elena)

MÁIS SABE O DEMO POR VELLO QUE POR DEMO. (David)

 

CANDO CANTA A TIXOLA, SINAL DE QUE HAI ENCHEROLA. (Rita)

AS AUGAS DE REGAR, DE ABRIL E MAIO HAN DE QUEDAR. (Ana)

MARZO, MARZAL, POLA MAÑÁ CARIÑA DE ROSA E POLA TARDE CARA DE CAN. (Ángela)

 

 

 

 

 

 

´

O pasado día 31 de xaneiro, tratamos no colexio o

Día da Paz.

 

Todos aportamos as nosas ideas para un mundo máis xusto.

REXEITAMOS: a violencia, o racismo, as guerras, loitas e pelexas,

maltrato, o traballo na infancia, ...

APOIAMOS: a amizade, a axuda, a colaboración, a xenerosidade,

o respeto, o dereito a, ...

Javier, un día, tuvo la estupendísima idea de traernos a clase su obra más preciada.

 Empezamos a leer un trozo de la historia...

Decidimos entre todos leer un capítulo de la historia diariamente.

Ya estamos en la 2ª parte y cada vez es más interesante...

Nos intriga saber como terminan las aventuras apasionantes de Don Quijote...¡Cuántas locuras!

 

 

     
     
     

Campionato Galego de Campo a través celebrouse este sábado 12 de marzo en Ourense.

Acudiu o noso equipo subcampión provicial da categoría infantil masculino.

Xavi, Miguel, Damián Sergio, César e Borja.

Dos doce equipos participantes, eles quedaron quintos e primeiro colexio público clasificado.

 
 

 

   
   
   
   
   

A finais de novembro, os alumnos e alumnas de 2º de ESO, fomos de visita a Ourense.

Percorremos parte da zona vella, ata chegar á catedral. Durante o camiño Victoria ía explicando a arte románica nalgúns edificios. Entramos na catedral. Uns pasearon, outros pediron aos santos e, a maioría, atenderon ás explicacións da profesora.

Comemos no centro comercial, despois, demos unha volta, porque as profesoras non nos deixaron moito tempo.

Pola tarde, fomos en autobús a Tecnópole. Estivemos nunha gravación de radio. Vimos un espectáculo de láseres, que rematou coa explosión dun petardo. E, por último, fomos a unha carpa onde había unha exposición de proxectos, e déronnos un caderno, un bolígrafo e unha "piruleta".

   

O  pasado día 17 de xaneiro, os alumnos de 3º e 4º da ESO fomos a Vigo. Alí miramos unha peza de teatro en francés e fomos ao García Barbón, onde tiñamos como propósito aprender e gozar todo o que puideramos coas fotografías de Ruth Matilda Anderson e a súa exposición "Unha mirada de antaño". Ao chegar dividímonos en dous grupos: os primeiros pintamos as fotografías máis famosas de Ruth que estaban en branco e negro e pasámolas a cor mediante unha técnica moi curiosa que nos ensinaron alí. O outro grupo subiu á exposición cunha guía que lles explicou todo: anecdotas, historia das fotografías etc... Logo cambiamos de grupos e de lugares. Ahh! que xa me esquecía!!! As fotografías tomáronse uns anos despois da guerra civil e podemos ver nelas unha Galiza fermosa nos anos 50. Podemos sentirnos privilixiados xa que a exposición estaba pechada e abrírona para nós! De camiño para a casa fixemos unha viaxe divertida e curta. Xa temos ganas de volver repetir!!!

Sabela Pena Riveiro 4ºB ESO

 

Celso Sanmartín veu ao auditorio de O Rosal contarnos contos o 21 de decembro.

Houbo dúas sesións, unha para o primeiro ciclo e outra para o segundo ciclo da ESO.

A primeira tivo como fío condutor as mudanzas nas relacións familiares e na forma de contar historias por influencia da televisión. Contou varias historias tradicionais que lles resultaron moi graciosas aos rapaces.

Na segunda, a reflexión sobre a emigración foi o tema que lle serviu para unir diferentes historias tradicionais e persoais.

Aos rapaces gustoulles moito a actividade e dixeron que querían que Celso volvese pronto.

 
Os alumnos de 2º e 4º da ESO puideron compartir con Joan Manuel Gisbert as súas impresións despois de ler algún dos seus libros. O autor visitou a nosa biblioteca o lúns 13 de decembro e deixou a súa firma no noso libro de visitas.
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.