Could not find the wijering_mediaplayer file for embedding.

2010-2011

O pasado mércores fomos coa Cruz Vermella aos muíños do Folón e do Picón  medir a calidade da auga.

Por sorte para Tere era perfecta, porque esa é a auga que sae da súa billa, así que quedou toda tranquila.

Comezamos a subir. Uns queixábanse, outros parecía que puxeran pilas novas e non paraban de correr dun lado para outro. Paramos a merendar á metade de camiño.
Aquí estamos todos e todas, ben guapos por certo.

Continuamos a ruta. SOCORRO! NINGUÉN NOS AVISOU DE QUE HABÍA TANTAS ESCALEIRAS.

Por fin arriba, aquí estamos celebrándoo coma se chegaramos ao Everest.

        MENUDAS VISTAS!

VOLTAREMOS.

Para ver máis fotos fotos, preme aquí.

 

 

FINGERBOARD  

 

 

O fingerboard é unha versión en miniatura do skateboard. Para practicalo, ao igual co seu irmán maior, tamén necesítanse eixos, rodamentos, rodas e a táboa, que neste  caso pode ser de madeira ou plástico e mide habitualmente entre 96 e 100 mm. Os riders realizan as mesmas maniobras que no skate, só que utilizan dous dedos en lugar dos pés.  As rampas e os spots son tamén miniaturas das de skate, halfpipes, barandillas, bordillos, caixóns etc.

 Sen duda, a marca que revolucionou  o fingerboard e que lle deu gran popularidade foi Tech Deck, que nos 90 comezou a vender fingerboards a prezos realmente baixos. Ademais estas táboas eran réplicas en miniatura de táboas reais de skate das marcas máis prestixiosas como Powell, Flip, DarkStar, Baker, etc.

 

Hoxe en día, existe un bo número de fabricantes de fingerboard, que ademais non paran de investigar e innovar a forma das táboas. Outro punto a favor do panorama actual é que as marcas comezan a fabricar pezas totalmente intercambiables e compatibles, para así poder configurar e personalizar a túa táboa con pezas de diferentes fabricantes.

Feito por: Pedro Villanueva Comesaña

 

Si, eu, Pedro Villanueva, son un tolo polo fingerboard. A min gustaríame que algún día puidésemos facer un evento no colexio, pero iso é outra cousa.

Queredes ver algunha demostración? Pois prestade atención a este vídeo que vos deixo:

;

 

 

 

  

 

 

 

 

O venres 15 de abril todo o colexio participou da lectura do libro A ODISEA, na bilioteca do cole.

Aquí tes as fotos dos alumnos de 4º ESO A

Aquí podedes ver as fotos e máis os vídeos das vosas coreos. Bo Traballo!

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

MONTE DE SANTA TEGRA  ( A Guarda ) e MUÍÑOS DO FOLÓN ( O Rosal )

O monte de Santa Tegra atópase no concello da Guarda, a uns dous quilómetros do centro da vila.

Nel atópase un poboado celta restaurado, un dos máis antigos de Galicia. No alto do monte hai un museo no que teñen exposto restos de cerámica e ferramentas rudimentarias que foron encontradas cando descubriron o poboado celta.

Tamén hai unha igrexa coa Virxe de Santa Tegra a cal lle fan unha romaría cada 23 de setembro.

    ANA GONZÁLEZ LORENZO 

 Os Muíños do Folón están formados por doce muíños. Están situados no Picón, no concello do Rosal.

Antigamente se utilizaban para moer e agora están restaurados e son considerados de interese turístico. 

Aínda conservan os elementos que tiñan dentro, como pode ser a roda de pedra, o mazo e algún outro máis.

NOA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

 O monte de Santa Tegra na Guarda encóntrase a 341 metros de altitude e desde arriba se pode apreciar a desembocadura do rio Miño.

Subindo o monte de Santa Tegra atopamos un castro descuberto no ano 1931 durante a construcción da estrada que nos leva arriba. Máis arriba hai unha capela , varios restaurantes , miradoiros, mesas de pedra para merendar na sombra e incluso un museo.

ELENA SANTOS LORENZO

 Os Muíños do Folón están situados no Picón a dous quilómetros aproximadamente do centro da vila do Rosal. Son doce muíños con movemento grazas a auga que ven das fervenzas e comunicados entre si por pontes de madeira belísimas.

Acuden moitos turistas a velos. Esa zona ten unha capela, pozas de auga de manantiais, etc.

Cando vou sínto que estou coma nun "Spa"

ÁNGELA GONZÁLEZ VICENTE

 O Monte de Santa Tegra é unha montaña que a min paréceme moi alta e grande. Está no concello de A Guarda.

Desde a cima do monte pódese divisar a desembocadura do río Miñó, o mar, os montes de A Guarda, e o Rosal, Caminha en Portugal,...

Na parte máis alta do monte hai algún bar e restaurante e a capela. Tamén un museo no que se expoñen as cousas que utilizaban os celtas. Se seguimos hacia abaixo chegamos á zona onde paran as bandas da Festa do Monte (unha festa moi típica do lugar) na que se ondean bandeiras, se toca e se baila.

Xa máis para abaixo hai unha zona para xantar e unha casa forestal.

Nunha das subidas hacia ó monte hai Via Crucis e máis abaixo un poboado celta moi antigo.

No monte de Santa Tegra celébranse dúas romarías: A Festa do Monte e A romaría de Santa Tegra.

IRIA CARABELOS ÁLVAREZ

 Os Muíños do Folón atópanse no Picón, no concello do Rosal a dous quilómetros da vila aproximadamente.

Hai tan so doce muíños nunha subida moi longa e rochosa.

Este é un monumento de interese para todos os habitantes da vila  e de interese turístico para os que non os coñecen nin os viron.

Nesa zona se pode comer, merendar ... Nunha romaría que se celebra cerca, eu case sempre como alí.

Cada vez que os vexo síntome libre, natural como se formase parte da natureza eu tamén.

JORGE FERNÁNDEZ TEIXEIRA

   
 

O mércores 30 de marzo fixemos unha visita ao concello de O Rosal. Alí estivemos con moitas persoas que nos falaron do seu traballo na Casa do Concello. Gustounos moito o despacho do aparellador porque tiña moitos planos de O Rosal; tamén nos gustou o rexistro, alí saben moitas cousas de nos (a que hora nacimos, quen son os nosos pais, avós, etc.). Aínda que onde mais nos divertimos foi no faiado do edificio, onde teñen os arquivos, ¡aquilo parece un pequeño labirinto!

E por último fumos a biblioteca municipal, alí a profe de inglés leunos un libro moi grande que fixeron os nenos e nenas de diferentes escolas de O Rosal.

Para ver máis fotos preme aquí.

Visita de 1º ao Concello

Enviado por Anónimo o 6 Abril, 2011 - 13:51
 

O mércores 30 de marzo fixemos unha visita ao concello de O Rosal. Alí estivemos con moitas persoas que nos falaron do seu traballo na Casa do Concello. Gustounos moito o despacho do aparellador porque tiña moitos planos de O Rosal; tamén nos gustou o rexistro, alí saben moitas cousas de nos (a que hora nacimos, quen son os nosos pais, avós, etc.). Aínda que onde mais nos divertimos foi no faiado do edificio, onde teñen os arquivos, ¡aquilo parece un pequeño labirinto!

E por último fumos a biblioteca municipal, alí a profe de inglés leunos un libro moi grande que fixeron os nenos e nenas de diferentes escolas de O Rosal.

O 4 de abril fomos a biblioteca a ver unha obra de teatro.

Trataba de dúas formigas, un chico e unha chica. O chico

ía andando polo bosque e atopou unha cesta con comida.

A chica tamén viu a cesta. O chico impedíulle pasar e lle

dicía que había carneiros para que a chicaporque a chica

se asustara. Claro, coa comida que había dentro da cesta...

A cesta tiña marmelo, queixo, chourizo e un bolo de pan.

Despois a chica finxiu que estaba dentro dunha pedra para

que o chico lle dera un bico.

En fin, paseino moi ben e inda que foi un pouco longa, os

actores fixérono moi ben.

Sara

 

 

 

Para ver máis fotos preme aquí.

 

 

 

A min gustoume moito cando viu o carteiro que era Sergio,

o profesor de 3ºC e rimos moito cando se puxo a facer de musculitos.

Aitor

A obra de teatro pareceume moi chula e sobre todo cando se daban sustos.

Trataba de dúas formigas, unha era unha chica e outra un chico, o carteiro

truxolles unha carta que lles invitaba a ir a Formigalia a cantar.

Diego

Pareceume moi bonito e moi divertido. Tamén gustáronme

os disfraces e sobre todo cando sacaban aos nenos ou aos

profesores, cando lle puñan mote aos profes, como cantaban,

como actuaban e sobre todo o fondo do escenario.

Raquel

Antes de ir ao teatro limos un pouco do libro  e logo fumos a

biblioteca para velo e a min gustoume.

Paseino xenial porque nalgunhas partes ría sen parar.

Alexis

sentímolo, flash non está dispoñible.

La casa de Bernarda Alba

Federico García Lorca

(La pieza teatral que fuimos a ver los alumnos de 4º a Vigo)

Esta obra cuando la leí me pareció interesante, y después de verla me pareció aún mejor.

La adaptación de la obra fue muy acertada ya que escogieron las partes más elementales de la obra.

La obra escrita me gustó mucho y la representación aún más.

Gracias por darnos la oportunidad de ir a verla.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.