O día 10 de xuño os alumnos-as de 5º fomos de excursión ao zoo de Vigo.

A nosa guía chamábase Ana. Era moi simpática, sabía moitas cousas e contounos historias sobre algúns dos animais que alí estaban.

Miramos diferentes tipos de animais: mamíferos, coma osos, leóns, tigres, lobos...; aves, coma parrulos, cisnes, cegoñas, grullas...; réptiles: tartarugas, serpes... Estes últimos estaban nun pavillón aparte, e a algúns non nos foi moi agradable a súa vista.

 Intentamos mirar a pantera,pero como había moito ruído doutros nenos que andaban por alí (tamén de visita), agachouse e non puidemos vela. Aínda así, a guía contounos que, cando este felino era unha cría, foi rescatada polo SEPRONA dun barco que a traía, cara a España, para ser vendida.

Unha das cousas que máis nos gustou foi que a nosa guía ía quitando, da súa mochila exploradora, diferentes obxectos relacionados cos animais para que poidéramos palpalos. Tocamos plumas de diferentes texturas, cornamentas dos cervos ( que as perden na primavera), e pelo dos osos.

Tiñamos ganas de disfrutar máis tempo do parque e mercar algún recordo, pero a tenda estaba pechada e se nos facía tarde, polo que tivemos que voltar ao autobús para regresar ao cole.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.