O día 23 de marzo os alumnos de 3º viaxamos ata Padrón para visitar a antiga casa de Rosalía de Castro. Un xardín de grava e camelias alumeounos o camiño ata a fermosa casa. Alí, entre cadros e recordos, observamos como foi a vida da escritora galega e a súa familia. Onde comeu, durmiu e viviu. Case podiamos vela, sentada no escritorio, creando novos libros de poemas, deixando voar a imaxinación e sendo feliz rimando versos... Seguro que ninguén esquecerá a pequena gran vida desta muller, a nosa querida Rosalía de Castro.

Marta Torres  

 

Os alumnos e alumnas de 3º da ESO fixemos unha saída o 23 de marzo do 2011 a Santiago. Fomos ao Mupega (Museo Pedagóxico de Galicia) e alí amosáronnos a diferenza das aulas, colexios e xogos da actualidade á época dos nosos avós. Primeiro ensináronnos un vídeo onde explicaba o que máis tarde iamos ver. Despois leváronnos por diferentes rincóns do museo mostrándonos aulas antigas, aparatos de ensinanza e, por último, os laboratorios e aparellos que se empregaban nas poucas universidades que existían.

Karla Pacheco

 

 Se queres ver as fotos que fixemos preme aquí.

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.