Continuamos coas actividades do mes de Novembro. Hoxe visitaron a nosa biblioteca Andrea, Eva, Angelina e Moncho, integrantes do Colectivo Carballas. Elas foron alumnas do noso CPI e Moncho foi mestre no noso colexio e agora é mestre no CRA. Falaron dos estereotipos sexistas na sociedade actual, nos medios, na publicidade e como, desde pequenos estamos influenciados pola marca neno-nena asociada ás cores, aos xoguetes ou ao xeito de referirnos ás mulleres e aos homes. A actividade foi para o alumnado de 4º de ESO. Moitas grazas por visitar a nosa biblioteca e por facernos ver que entre todos e todas podemos cambiar a sociedade.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.