O pasado mércores fomos coa Cruz Vermella aos muíños do Folón e do Picón  medir a calidade da auga.

Por sorte para Tere era perfecta, porque esa é a auga que sae da súa billa, así que quedou toda tranquila.

Comezamos a subir. Uns queixábanse, outros parecía que puxeran pilas novas e non paraban de correr dun lado para outro. Paramos a merendar á metade de camiño.
Aquí estamos todos e todas, ben guapos por certo.

Continuamos a ruta. SOCORRO! NINGUÉN NOS AVISOU DE QUE HABÍA TANTAS ESCALEIRAS.

Por fin arriba, aquí estamos celebrándoo coma se chegaramos ao Everest.

        MENUDAS VISTAS!

VOLTAREMOS.

Para ver máis fotos fotos, preme aquí.

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.