O mércores 30 de marzo fixemos unha visita ao concello de O Rosal. Alí estivemos con moitas persoas que nos falaron do seu traballo na Casa do Concello. Gustounos moito o despacho do aparellador porque tiña moitos planos de O Rosal; tamén nos gustou o rexistro, alí saben moitas cousas de nos (a que hora nacimos, quen son os nosos pais, avós, etc.). Aínda que onde mais nos divertimos foi no faiado do edificio, onde teñen os arquivos, ¡aquilo parece un pequeño labirinto!

E por último fumos a biblioteca municipal, alí a profe de inglés leunos un libro moi grande que fixeron os nenos e nenas de diferentes escolas de O Rosal.

Para ver máis fotos preme aquí.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.