LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 21-22

As listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros para 3º,4º,5º e 6º de primaria e para a ESO publicaranse o día 7 de xullo.

As reclamacións a estas listaxes poderán facelas os días 7,8 e 9 de xullo.  Nestas listaxes provisionais figura o nome do/a alumno/a que solicitou participar en dito fondo co número de libros que lle corresponden en empréstito.

Nas listaxes definitivas figurará, para  cada alumno/a, a relación de libros que se lle emprestará. IMPORTANTE: AS LISTAXES DEFINITIVAS PARA O ALUMNADO DE ESO NON SERÁN PUBLICADAS ATA SETEMBRO.

CHEQUES DE MATERIAL ESCOLAR:

Para comprobar se lles foi concedido o vale de material escolar, deberán achegarse ao centro e, no caso de telo adxudicado, poderán recollelo nese momento.

1º e 2º DE PRIMARIA:

As familias do alumnado de 1º e 2º de primaria deberán pasar polo centro para comprobar se lles foron concedidos os vales de  material escolar e /ou de libros de texto e, , no caso de telo/s adxudicado/s, poderán recollelo/s nese momento.

 

 

PERSENSAMOS DODRO

O curso 20-21 foi un curso inusual. A celebración do día de portas abertas non puido ser levada a cabo por mor da pandemia co que elaboramos unha páxina web exclusiva para recoller o que teriamos presentado na nosa exposición se este tivera sido un ano "normal".

ENLACE Á WEB PROXECTO DE CENTRO

 

 

LIBROS DE TEXTO FINAL DE CURSO E ENVÍO DE NOTAS

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO:

Todo o alumnado que aprobe todas as materias en xuño deberá devolver os libros de texto de empréstito antes do día 22. Aquel alumnado de ESO que suspenda unha ou máis materias e teña que presentarse aos exames de setembro, non devolverá nengún libro en xuño. Deberá devolver o lote completo en setembro.
Os lotes de libros deberán ser entregados nunha bolsa /paquete que leve unha etiqueta na que figure o nome e apelidos e curso do alumno/a correspondente e cunha relación ( listaxe) de libros devoltos.
Tamén deberán ser devoltos  os libros e/ou materiais da biblioteca.

ENVÍO DE NOTAS:

As notas serán enviadas por Abalar o día 22 de xuño para primaria ( periodo de reclamacións 23, 24 e 25 de xuño) e o día 24 de xuño para secundaria ( periodo de reclamacións 25, 28 e 29 de xuño).
As familias recibirán o consello orientador ( daquel alumnado da ESO que aprobe todo en xuño) vía correo electrónico.

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 21-22

Publicada a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-070521-0001_gl.pdf


Segundo se indica na norma, manteranse para o vindeiro curso os libros de texto do curso 2020/2021, é dicir, non haberá cambio de libros nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria nin tampouco nos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria.
 
Para evitar desprazamentos e riscos innecesarios seguiremos empregando o teléfono e o correo electrónico como forma de contacto entre o persoal do centro e as familias.
 
ALUMNADO DO CENTRO
 Enviaremos por correo electrónico as instruccións precisas de cómo se vai xestionar este trámite así como o trámite da matrícula e os prazos e a documentación a cubrir.

 ALUMNADO DO CRA DE DODRO QUE RESERVOU PRAZA EN 1º DE PRIMARIA.
Informaráselles telefónicamente e mediante correo electrónico do procedemento a seguir para a matrícula e para a solicitude de axuda para a compra de libros e material escolar.

ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS DE FÓRA DO CONCELLO QUE SOLICITOU ADMISIÓN NO CPI.
Informaráselles telefónicamente e mediante correo electrónico do procedemento a seguir para a matrícula e para a solicitude de préstamo de libros e axuda para compra de material escolar.

LETRAS GALEGAS 2021

Celebramos no noso centro a "Semana " das Letras Galegas con varias actividades moi interesantes.

O venres día 14 de maio realizamos un acto no que se escribiu o nome de "XELA" con ramas de estalotes e, arredor do mesmo, colocamos camisetas con versos da poeta homenaxeada. 

 


A actividade completa poderedes vela nos enlaces ao Facebook de O NOSO EUSEBIO:

CELEBRACIÓN NO CENTRO

PARTICIPACIÓN ALUMNADO DE 1º EP

PARTICIPACIÓN CENTRO DE DÍA

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS

O alumnado de 6º tamén quixo aportar a esta celebración un par de traballos sobre a vida e obra de Xela Arias. Os traballos elaborados por Uxía Ríos e Aroa Boga  podedes velos no ENLACE.

 

 

 

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

Tentando recuperar unha das fermosas tradicións galegas, o alumnado de primaria elaborou un maio con xestas e flores. A estrutura para o mesmo foi construída polo alumnado de secundaria e, unha vez decorada, colocarase no patio de herba onde os compañeiros/as de secundaria recitarán as coplas correspondentes creadas por eles e elas mesmos.

Mañá publicaremos o resultado final co recitado......ata entón unhas imaxes da elaboración da marabillosa obra

 

Mañán, o resto.....

POIS AQUÍ ESTÁ!. No enlace teredes acceso á publicación no Facebook do cole para poder ver os vídeos do recital. Desexamos que os desfrutedes!!

ENLACE AO FACEBOOK

TRABALLOS DE XARDÍN

No día de hoxe realizamos unha actividade colaborativa co alumnado de primaria e de secundaria.

Onte, o alumnado de 3º de ESO cavou uns ocos no patio para que os pequenos de 3º de primaria poideran prantar unhas Physalis que, esperemos, crezan fortes e fermosas.

O alumnado  de primaria esmerouse ben á hora de facer a prantación

 

Unha vez rematada a prantación, un alumno de 2º de ESO colocou unhas estacas para marcar o lugar onde as prantas medrarán. Estas prantiñas foron tratadas con abono e terra mercados para esta ocasión. Os encargados de abonar foron os alumnos/as de 6º

 

Tamén, o alumnado de 3º e 2º de ESO realizou o transplante de árbores que foran sementadas hai tres anos e que, de seguiren medrando, será prantadas no monte coa colaboración dasComunidades de Montes do concello e a participación do alumnado da etapa de primaria....

...e a reparación da rede de sombreado que evitará que as árbores se deterioren co sol

 

No medio da faena tivemos unha inesperada visita...

 

GALERÍA FOTOS EP

GALERÍA PREPARACIÓN OCOS

GALERÍA TRASPLANTE ÁRBORES

GALERÍA COLOCACIÓN ESTACAS

 

THE LAB KIDS

Xa somos oficialmente CIENTÍFICOS e CIENTÍFICAS. 

Hoxe fixemos un experimento sobre as mesturas homoxéneas e as cores, mesturando contidos de plástica, CCNN e Matemáticas! Ademais, cada grupo ten o seu caderno de experimentos onde vai apuntando o tema, materiais, hipótese, pasos, conclusións... 

Sen máis espera, aquí fotos!

 

 

DE ANDAINA POLAS BRAÑAS

Onte o alumnado de 5º e hoxe o de 3º fixemos unha andaina polas Brañas co obxectivo de coñecer o entorno que rodea o noso cole, aprender a diferenciar diferentes especies vexetais e animais ao mesmo tempo que practicamos deporte.

Ao longo do percorrido puidemos observar plantas e árbores autóctonos e tamén especies invasoras e aprendemos algunhas curiosidades que non sabiamos. Tamén fomos conscientes do impacto ambiental que ocasionamos coa construción das estradas, as liñas eléctricas, os residuos vertidos,... e colaboramos na súa recollida, co cal deixamos as brañas un pouco máis limpas. Houbo tempo para merendar e xogar un ratiño no parque do Bosque, para ver, escoitar, ulir e conectar emocionalmente coa terra e os seres vivos.

E o máis importante: vimos o valor que ten coñecer, coidar e respectar a natureza que nos rodea e transmitir a tod@s ese coidado e respecto.

GALERÍA FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet