XOGOS PARA OS RECREOS

O alumnado de 6º, coa axuda das profes Eva e Jose, preparamos o recanto de xogos para os recreos.

Mirade que chulo nos quedou o caixón, estamos feitos uns artistas!

Comprometémonos a usar e coidar o material e deixalo sempre ben limpo e ordenado.

 

 

Ao longo do curso procuraremos aumentar a dotación de xogos para facer máis amenos os nosos recreos.

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CONCELLO

Nas imaxes poden consultar as actividades organizadas polo concello que pode sexan de interese para a comunidade educativa:

 

 

ACTIVIDADE DE CIENCIA

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS:

 

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Dende Servizos Sociais do concello de Dodro estase a desenvolver unha actividade sobre Muller e Ciencia. O obradoiro, pensado para alumnado de ESO, será desenvolvido por Arenaria Coordinación S.L. U.e financiado pola Secretaría Xeral de Ugualdade e ofrece actividades moi interesantes para tratar de sensibilizar e facer ver o papel da muller na ciencia xa que, tal e como reflicte o propio programa, "na Ciencia, ao igual que noutros ámbitos da sociedade, as mulleres non gozan das mesmas oportunidades que os homes para desenvolver unha progresión científica e para progresar nela. Os datos son claros e pódense resumir no feito de que conforme avanzamos a postos máis altos nos escalafóns académicos, a proporción de mulleres vai sendo cada vez menor. Ese desequilibrio ven de anos pasados, pero hoxe en día necesitamos traballar en prol desta situación, conseguindo máis presenza e, sobre todo, unha maior visibilidade da muller....".

 

No ENLACE poderán consultar o programa do obradoiro.

PRACTICAMOS JUDO

Hoxe tivemos entre nós a Toño Gómez, monitor de judo do clube Senín de Cambados, para dar a coñecer este deporte de loita entre o alumnado de 1º, 3º e 5. Mañá volverá para presentarse aos alumn@s de 2º, 4º e 6º.

Practicamos as caídas, inmobilizacións, xiros, volteos, proxeccións,... en pouco tempo polo que, se vos interesa continuar aprendendo, debedes anotarvos ás sesións que organiza a ANPA fóra de horario lectivo.

Desde aquí animávosvos a tod@s!

 

 

 

 

 

 

 

 GALERÍA DE FOTOS

PXA 19-20

No enlace poden acceder á Programación Xeral correspondente ao curso 2019-2020:

https://drive.google.com/file/d/1CagU7bQ3yDOZzwuvxK9xKBTUtRXHbdK7/view?usp=sharing

COÑECEMOS O BALONCESTO

O venres estivo no noso cole Finso, entrenador do clube de baloncesto Río Ulla de Pontecesures, para dar a coñecer este deporte entre o alumnado de 5º e 6º. Ademáis de facer uns xogos predeportivos moi divertidos, falounos sobre as ventaxas de practicalo e o funcionamento do seu clube.

 

Non hai máis que ver as fotos para darse conta do ben que o pasamos.

Non esquezades contactar co clube para continuar practicando!

6º LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O alumnado de 6º de Primaria realizou no día de hoxe no que se celebra o Día Mundial contra o Cambio Climático uns cartaces e a súa propia movilización durante o recreo uníndose ao movemento mundial polo cambio-emerxencia climática.
 
Están tamén a traballar en Ciencias Sociais  os contidos relacionados coa intervención e impacto do humano no medio ambiente, e relacionando isto coas noticias desta semana, decidiron unirse aos VENRES POLO FUTURO.
NORABOA POLA INICIATIVA!!!
 

OBRADOIRO DE PANDEIRETA E BAILE TRADICIONAL

 

Hoxe recibimos a visita de Ana Belén Fernández que nos explicou en que consistirían as clases de  pandeireta, baile tradicional e canto que ela desenvolve con grupos de rapaces e rapazas de primaria e secundaria en concellos limítrofes a Dodro. A pretensión con este obradoiro foi achegar este tipo de actividades ao alumnado do noso centro. Foi unha experiencia enriquecedora e divertida da que esperamos saian bailaríns,  cantantes e pandereiteiros que leven a nos cultura musical alá onde vaian.

 

 

 GRAZAS  ANA!!!

INFORMACIÓN DO CONCELLO

Dende o Concello de Dodro e con motivo da vindeira celebración do “XXXII PREMIO DE POESIA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN 2019”, adxunto a ligazón do BOP, onde saen publicadas as bases da convocatoria deste certame:


Enlace:  http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/07/19/2019_0000005939.pdf

Sen outro particular e agradecendo de antemán a súa colaboración, reciban un cordial saúdo,

Concelleiro de Cultura e Patrimonio
 Xoán Xosé Vicente Franco

CONCELLARÍA DE CULTURA E PATRIMONIO

Powered by Drupal - Design by artinet