ENTROIDO 18-19

Coma todos os cursos por estas datas celebramos o Entroido. Este ano o tema foi o cine así que houbo moita variedade de disfraces relacionados co tema: tartarugas ninja, dálmatas, personaxes de Toy Story, Xogo de Tronos, Os Incríbles,  O Señor dor Aneis, Harryt Potter e algún que outro Freddie Mercury....

 

 

 

Fixemos o pasarúas ata o Centro de Día onde tocamos e cantamos para os maiores.

Tamén nos acompañaron os pequechos do CRA, aínda que a súa temática era diferente. Eles ían de países do mundo..todos preciosos, por certo!!...e cantaron unha canción maravillosa..

Nais, pais e profes tamén se animaron cos disfraces..

 

 

 

De volta a o centro queimamos, como é tradición, o noso meco que este ano foi o Ollo de Sauron..

Ao final da mañán degustamos os exquisitos doces ( e non tan doces, que seique había boliños preñados tamén..) típicos que as familias tiveron o ánimo e a paciencia de  elaborar para nós... GRAZAS FAMILIAS!!!!!!!

 

GALERÍA DE FOTOS

 

SESIÓN DE CINE EN BRANCO E NEGRO

Aproveitando que o xoves nos propoñen vir ao cole de branco e negro, o alumnado de 5º e 6º queremos facer a nosa homenaxe especial a este tipo de cine.

Despois da visualización da película Le voyage dans la lunepuxémonos mans á obra para elaborar unha pantalla de cine coa imaxe emblemática deste filme.

Aquí nos tendes en plena tarefa creativa, xa vos amosaremos o resultado final.

 

 

 

 

 

Trátase dunha película francesa en branco e negro, muda e de ciencia ficción, rodada en 1902 por George Méliés. De feito, é a 1ª peli de ciencia ficción na historia do cine. Todo un motivo para gozar dela clicando no seguinte enlace.

El viaje a la luna

Que a desfrutedes!!

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA E DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o Día Internacional da Lingua Materna e o Día de Rosalía co recitado de versos, colocación de camisetas de cor violeta e visionado de vídeo.

O panel sobre o que se colocaron as camisetas foi elaborado polo alumnado de 4º de ESO e pretende darlle continuidade á nosa porta violeta. Foron instaladas dúas ventás desta mesma cor tras as cales pódese ver a sombra de Rosalía e, no frontal, un tendal no que colgamos as nosas camisetas, tamén de cor violeta, con palabras fermosas na nosa lingua nai.

Alumnado de cada curso recitou versos diante do mural e colgáronse as camisetas, previamente elaboradas por cada titoría, no tendal que abre a lingua á ventá de Rosalía.

 

Despois o alumnado subiu á biblioteca para ver o marabilloso vídeo que elaboraron os cursos de 1º e 2º de primaria e que podedes ver no enlace, un chisco máis baixo.

O acto rematou cun "photocall" de todo o alumnado diante do tendal...

 

 GALERÍA DE FOTOS

ENLACE AO VÍDEO

IMOS AO CINE

No día de onte, o alumnado de 4º,5º,6º de Primaria e 1º de ESO fixemos unha saída ao cine para ver  LA LEGO película 2. 

Aquí estamos un momento antes da proxección

 

 

 Despois de gozar da peli, aproveitamos para ver o funcionamento dunha sá de cine.

Explicáronnos como montaban antigamente as bobinas de celuloide: había que empatar as distintas cintas e despois, unha vez rematada a proxección, volver a desmontar. Menudo traballo!

Sabías que? para ver unha soa imaxe teñen que pasar 28 fotogramas por segundo, co cal... cada película podía medir varios km!!!

 

 Na actualidade resulta todo moito máis doado: agora as pelis chegan por satélite ou por fibra óptica directamente desde o país de orixe ata un enorme ordenador no que se programa un horario e a peli PROXÉCTASE SOA!!

Tamén vimos o procesador de son de última xeneración desde o cal escoitamos 7 sons á vez desde 7 altofalantes distintos. O que se chama SON 7.1

 

E despois de todo isto aínda nos quedou un ratiño para desfrutar dos xogos no parque que había alí ao lado.

 

Pasámolo moi ben!!

GALERÍA DE FOTOS

UN ANO MÁIS NO CLUB DE DEBATE

Un ano máis o alumnado de 3º e 4º de ESO participará no Club de Debate. O pasado día 11 de febreiro celebraron a Xornada de Formación en Rianxo co alumnado do IES Félix Muriel desta mesma localidade e do IES Xulián Magariños  de Negreira: " Ambientazo, alumnado súper riquiño e comprometido, interactuaron de marabilla no simulacro de debate que se fixo ao final da sesión."...palabras textuais da profe de Lingua Galega.
Esperamos que o fagan tan ben como o curso pasado e, sobre todo, que desfruten moito desta enriquecedora experiencia.

 

 

 

 
   

5º E 6º NO TEATRO

O xoves 31, o alumnado de 5º e 6º, gozamos dunha visita guiada no "Museo do Pobo Galego" a cargo do profe José que nos explicou con detalle antigos oficios e outros aspectos da nosa historia. Tamén asistimos ao auditorio da sala Abanca para divertirnos vendo a obra "Tarzán" en inglés.

Como anécdota curiosa, destacamos que Aroa puido participar compartindo escenario cos actores e actrices.

  

DÍA DA PAZ


Hoxe, mércores 21 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz coa obra de teatro  " Os Cinco Dedos" de Calo Iglesias representada polo alumnado de 5º de primaria ( máis abaixo, no enlace, podedes acceder ao vídeo da mesma) e unha canción de Fuxan Os Ventos que leva por título "Irmaus".

 A celebración foi presentada por Marta de 4º de ESO e Daniel Collazo de 1º de ESO e a canción foi cantada por todos, profes e alumnos,e con Xiao á guitarra e Álvaro de 4º de ESO recitando a Celso Emilio Ferreiro.

 

Un bo xeito de lembrar unha nova petición para un mundo mellor.

Grazas a todos!!

GALERÍA DE FOTOS

VÍDEO DA OBRA DE TEATRO

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2019

LINK

PROBAS PARA OBTECCIÓN DO GRADUADO

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización no ano 2019

LINK

Powered by Drupal - Design by artinet