Iniciar sesión: Acceso

O NADAL

 

O día 22 de Decembro celebramos a chegada do Nadal, cun festival onde todos os nenos e nenas de primaria e infantil participaron con diferentes actuacións teatrais e musicais. Tamén foron entregados os premios do concurso de postais. Finalmente recibimos a visita dun Papa Noel moi especial, que repartiu agasallos entre os máis pequenos.

Se queres ver as fotos preme neste enlace a nosa galería de imaxes.

Ruta literaria Andalucia

Entrega de premios concurso "CARLOS CANEIRO"

O pasado 28 de abril celebrouse o acto de entrega de premios do II concurso de relato "Carlos Caneiro" convocado polo noso clube de lectura.

Ó acto acudiu o escritor Carlos Caneiro. O relato gañador foi "Atlántico, escrito por Beatriz Rodríguez, alumna de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor, de Ourense. O segundo premio foi para o relato "Sorte aos 30", de Manuel Fernández, alumno de 3º ESO do CPI Tomás de Lemos, de Ribadavia.

O acto apareceu recollido uns días despois na Voz de Galicia.

Se queredes ver as todas as fotos da entrega de premios preme neste enlace.

O ENTROIDO

 

 

Distribuir contido