Beneficiarias: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Iníciase o día 22 de maio de 2023 e rematará o día 21 de xuño de 2023. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.
Forma de presentación:
-
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica.
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
- Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.
Para máis información prema no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo I e II..pdf | 1.61 MB |