Segundo a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de primaria e ESO. A solicitude poden presentala a través da aplicación na páxina web que aparece a continuación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou presencialmente entregando o anexoI e o anexoII da orde na administración do centro. A información completa e os anexos están publicados en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ e o alumnado leva un exemplar en papel. Prazo de presentación de solicitudes do 19 de abril ata o 22 de xuño do 2022.
Lémbrase que hai que achegar copia de libro de familia ou equivalente e no caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.