• As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.
Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.
• Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.
• O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa non terán que facer corentena.
• No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.
• Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).
Premede no documento adxunto.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Adaptacion_Guia_Centros_Educativos.pdf | 495.32 KB |