Indicacións sobre a avaliación do segundo trimestre:

 

 

  • O profesorado do centro está traballando na elaboración das cualificacións da segunda avaliación cos instrumentos de avaliación utilizados até o comezo do estado de alarma (12 de marzo), polo que todo o alumnado do centro será avaliado en atención as circunstancias extraodinarias que estamos a vivir.
  • As cualificacións da segunda avaliación serán notificadas a través do abalarMóbil a todas as persoas responsables de alumnado o vindeiro venres 3 de abril ao longo da mañá, polo que solicitamos o teñan activado.
  • Agradecemos de antemán a comprensión de toda a comunidade educativa ao respecto.