O período de inscrición será desde o 26 de xuño ás 9:00 horas ata o 6 de xullo ás 13:00 horas.
Proceso que se realizará dende o propio centro, para alumnado de escolarización obrigatoria.
As persoas en idade de escolarización non obrigatoria poden solicitar a súa incorporación a un ciclo formativo de formación profesional básica se cumpren os seguintes requisitos:
Que fagan 17, 18 , 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior. Que non estean en posesión dun título de formación profesional nin calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.