BENVIDOS Á WEB DO NOSO CENTRO!

 

CALENDARIO ESCOLAR 24-25

2 de maio (elección dos centros)

6 xuño (festivo local)

Premede en datos adxuntos para máis información.

 

PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO DE LIBROS

Está publicada a listaxe provisional de fondo de libros no taboleiro do centro. O día 26 sairá a listaxe definitiva.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

No mes de xullo o horario será de 10:00 a 13:00. En caso de non poder asistir nesa franxa horaria chamar ao 886 15 16 36.

LIBROS DE TEXTO 2024-25

Premede no documento adxunto.

PRAZO E PROCEDEMENTO ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA. CURSO 2024/25.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata o 4 de xullo ás 13:00 horas. Os centros educativos disporán ata as 14:00 horas do día 4 de xullo para cargar as solicitudes na aplicación Ciclosadmisión.

 

Máis Información no Arquivo Adxunto.

PRAZO ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL. CURSO 2024/25.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para as ensinanzas de formación profesional en oferta ordinaria para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.

 

Adxuntamos Información no arquivo anexo.

RECOLLIDA DE LIBROS DE PRÉSTAMO

O 18 de xuño entregarase ao profesorado correspondente os libros de préstamos deste curso. Os libros teñen que estar en bo estado para poder participar no fondo de libros do curso seguinte.

PRAZO SOLICITUDE ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS DE TEXTO

Beneficiarias: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

MÁIS INFO PREMEDE AQUÍ

Axudas MEFP para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. Curso 2024/25.

Axudas dirixidas a persoas con NEAE derivadas de:

- Discapacidade: igual ou superior ao 25%.

- Trastorno grave de conduta ou da comunicación ou linguaxe.

- TEA.

- Altas Capacidades.

 

Niveis (no caso do noso centro): Educación Infantil, Primaria e ESO.

 

Prazo de Solicitude do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

 

Pasos para solicitala (enlace): https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html#pasos-para-solicitarla

 

Unha vez firmada a solicitude, entregar xunto coa documentación solicitada, no centro.