O venres 28 de xaneiro celebramos no centro o día da Paz e non violencia, aínda que o alumnado xa estivo toda a semana preparando mensaxes que escribiron nas Pegadas pola Paz e o xoves pegaron nun percorrido dende cada aula ata a horta e remataba no mural colaborativo da entrada do centro; o alumnado de 4º da ESO co seu profesor de Plástica pintaron no patio unha Pomba xigante para este acto, ademais todos estiveron nas aulas a ensaiar a canción de Uxía e a Banda Molona, "De Festa" con baile e lingua de signos.
O venres comezou co alumnado de Infantil e Primaria realizando o percorrido polas pegadas con mensaxe ata a nosa horta, onde os agardaba un espantallo amigo cun pequeniño agasallo e mensaxe (recordando que así como medra a horta, medramos nós), volvendo ata outro compañeiro espantallo da entrada do centro, no mural colaborativo entre todas as etapas, ao que os paxariños con mensaxes en inglés e francés (feitos con papeis de refugallo:menos é máis) lle tapan a súa sombra e aínda agarda lle escriban Lema (nesta semana será seleccionado entre os que aparezan escritos no listado que esta a carón deste mural).
Ao remate, durante a hora da merenda escoitaron a 4ª emisión de Radio Mende, en conmemoración desta data.
Despois dun corto tempo de lecer o alumnado foise colocando no patio na Pomba da Paz, Infantil cubrindo o espazo do pico e a rama de oliveira, toda Primaria repartidos polo interior da Pomba e o alumnado da ESO arredor da silueta da Pomba rodeando a todo o alumnado de Infantil e Primaria. Así colocados bailaron, cantaron e acompañaron con lingua de signos, que a titora de 1º de E.Primaria se encargou de dirixir. GRAZAS E PARABÉNS!!
A CONTINUAR LOITANDO POLA PAZ E BOA CONVIVENCIA
A continuación un vídeo resumo desta celebración: