Saltar navegación.
Inicio

Información e Obxectivos

Programación da Materia

O seguinte arquivo en PDF contén a programación da materia de Matemáticas.

Competencia Matemática

Entenderemos por Competencia Matemática a habilidade de comprender e usar as Matemáticas nunha variedade de contextos e situacións intra e extramatemáticas. Polo tanto, competencia no só significa habilidade ou destreza senón vontade de acción.

O fundamental do traballo competencial do alumnado e que ante unha situación, contextualizada ou non, sepa enfrontala coas ferramentas matemáticas que debera posuir. Por exemplo, se debe saber resolver sistemas de ecuacións, valoraremos se sabe utilizalos na resolución dun problema real determinado. O importante é se alumnado sabe resolver un problema de mesturas e non se sabe resolver un sistema de expresión formal complexa.

Para desenvolver a educación por competencias poderiamos utilizar proxectos interdisciplinares, como algo habitual nas aulas, para que os estudiantes non vexan os conceptos matemáticos desprendidos de aplicación á vida práctica.

Mentras a organización dos centros non permita este tipo de traballo, consideraremos os PMR = "Proxectos Matemáticos Realistas". Son actividades que parten dunha situación inicial relacionada co entorno social dos estudiantes e que debe resolverse coas ferramentes matemáticas que deben poseer nese momento, sendo moi importante a exposición e presentación do resultados obtidos e do que estes non suxiren. Por exemplo: "Posuimos dúas barras metálicas de igual diámetro e de 105 e 135 cm de loxitude. Temos que cortalas en trozos de igual lonxitude, procurando que non sobre nada. ¿Cales deben ser as medidas destes trozos e que pasa se os cortamos dunha lonxitude diferente?

As Matemáticas na ESO non só son un fin en si mesmo, senón un medio para que o alumnado logre a consecución de competencias en comunicación lingüística, tratamento da información, coñecemento e interacción co mundo físico, ámbito social, cultural, cidadán e artístico e á autonomía necesaria para actuar con criterio propio e tomar iniciativas, responsablemente, nos diversos aspectos que afecten á súa vida, incluído o campo da aprendizaxe.

 

Obxectivos:

A ensinanza das Matemáticas na E.S.O. contribuirá a que o alumnado desenvolva as capacidades implícitas nos seguintes obxectivos:

  1. Incorporar á linguaxe habitual os modos de argumentación e as formas de expresión matemática -(numérica, xeométrica, gráfica, probabilística, alxébrica, ...)- tanto nas situacións que se suscitan na vida cotiá como nas procedentes dos ámbitos matemáticos ou científicos, co obxeto de mellorar a comunicación, promover a reflexión e tomar decisións nos ámbitos mencionados.
  2. Analizar matemáticamente a realidade: Utilizar procedementos de medida, técnicas fiables de recollida e análise de datos, crear modelos matemáticos, empregar a notación numérica e gráfica máis axeitada para representalos e realizar o cálculos que nos proporcionen a información máis significativa de cada situación.
  3. Identificar os elementos matemáticos (datos estatísticos, xeométricos, gráficos, cálculos, ...) presentes nos medios de comunicación, internet, publicidade ou outras fontes de información. Analizar criticamente estes elementos e valorar a súa influencia sobre a comprensión das mensaxes publicadas.
  4. Identificar, describir, representar e cuantificar as formas e relacións espaciais que se presentan na vida cotiá, en contextos científicos e artísticos, analizar as propiedades e relacións xeométricas implicadas, valorar a súa compoñente estética estimulando a creatividade e a imaxinación.
  5. Utilizar de forma adecuada os medios tecnolóxicos: calculadoras, ordenadores, ... para realizar cálculos numéricos e alxébricos e representacións gráficas, obtendo a información suficiente para dar resposta a situacións dos ámbitos científicos e da vida cotiá.
  6. Fortalece a capacidade de razoamento, actuando ante os problemas que se suscitan na vida cotiá con modos propios da actividade matemática, tales como: a exploración sistemática de alternativas utilizando correcta e oportunamente os métodos de demostración: reducción ao absurdo, deductivo, indución; a precisión na linguaxe, a xustificación dos razoamentos, a necesidade de verificar as informacións recibidas, ...
  7. Formular e resolver problemas matemáticos ou procedentes doutros ámbitos, individualmente ou en grupo, valorando a conveniencia de aplicar determinadas estratexias en función dos datos obtidos e contrastados, mostrando flexibilidade ante as posibilidades existentes, unha actitude positiva de búqueda de solucións e confianza nas propias capacidades sen subestimar as capacidades dos demáis.
  8. Integrar os coñecementos matemáticos na bagaxe cultural propia, en conxunción cos saberes que se van adquirindo desde as distintas áreas e aplicalos para analizar e valorar fenómenos sociais como a diversidade cultural e de opinión, o respeto ao medio ambiente, a saúde, o consumo, a igualdade de xénero, a convivencia pacífica, a educación vial, o respeto aos dereitos das persoas e ás súas opcións, ...
  9. Descubir o valor das matemáticas no desenvolvemento dos medios que utilizamos na sociedade actual.

Blogs de Matemáticas

 

Na seguiente dirección http://m34eso.blogspot.com tes un blog sobre problemas da vida real onde precisas as mátemáticas da ESO, e non só cálculos, para tomar decisións. Nela podes facer comentarios e consultas que sen dúbida serán respondidas polo autor.

 

 

 

 

 

Realidade e Matemáticas


O Príncipe das Matemáticas

O Príncipe dos Matemáticos

¿Que é facer MATEMÁTICAS?. Non é outra cousa que resolver problemas, baseados no cálculo e na xeométría, que nos plantea a realidade en tódolos ámbitos do coñecemento. Para conseguir respostas certas, debemos educarnos matemáticamente. Unha educación matemática básica conséguese alcanzando os obxectivos propostos polos organismos educativos para esta materia nos niveis da E.S.O.

As Matemáticas aparecen na vida cotiá, na Música, na Historia, na Xeografía, na Bioloxía e Xeoloxía, na Arquitectura, na Física, na Química, na Educación Física, na E.P.V., na Informática, ... É por esto que se considera unha asignatura fundamental na formación dunha persoa.

¿Poderías deseñar un artiluxio que nos sirva para medir os litros de agua que caen por metro cadrado un día de choiva?. Unha vez deseñando pensa en como melloralo para que non abulte moito e sexa fácil de interpretar. Unha vez que o teñas pensado sobre o papel xa podes levalo á realidade. Quizá teñas que facer retoques Matemáticos, e logo volver á realidade. Deste xeito temos un bucle entre Realidade e Matemáticas, esto é a investigación.

Realidade <-----------------> Matemáticas

Por certo, poderías dicirnos algo da biografía do señor da foto que encabeza o artigo.

Páxinas Web de Interese

     A utilización das TIC está chegando ás Matemáticas e algunhas editoriais están sacando libros de texto nos que aparecen algúns exercicios resoltos con programas informáticos. Así algunhas clases de Matemáticas poderemos impartilas na aula de Informática, donde os alumnos, seguindo cada un o seu libro, resolverán os exercicios propostos para este fin.

  1. Cando o internauta abre a web http://platea.pntic.mec.es/aperez4/ atopa, en primeiro lugar, unha serie de noticias en castelán relacionadas co mundo das Matemáticas (exposicóns, documentais...) e, á esquerda, os contidos da web estructurados en epígrafes. A xeometría do ovo, contos matemáticos, Botánica e Matemáticas, Historia das Matemáticas en imáxes, vídeos, xogos e entretenemento, enlaces, etcétera, que ofrecen unha visión insólita deste mundo apaixoante.
  2. Na páxina http://descartes.cnice.mecd.es/index.html tes desenvolvidas moitas das unidades didácticas da E.S.O. ademáis dunha miscelánea onde atoparás xogos matemáticos. Ademáis, utilizando un editor de páxinas web, poderás aprender a crear os teus propios applets.
  3. Na páxina http://thesaurus.maths.org/mmkb/view.htmlpinchado en Spanish atoparás GALERÍAS de imaxes, para velas necesitarás programas que de non estar instalados no ordenador poderás baixar gratuitamente de Internet e TEMAS onde están as definicións dos conceptos matemáticos que se utilizan na E.S.O.
  4. Se pinchas en CONTIDOS na cabeceira desta propia páxina tes direccións moi interesantes para traballar a materia.
  5. A páxina http://usuarios.lycos.es/acericotri/ está dedicada aos mosaicos, e ten unha parte didáctica para aprender a realizar mosaicos co programa CABRI.
  6. Na seguinte dirección http://herramientas.educa.madrid.org/wiris/ tes unha calculadora simbólica on line.
  7. Na páxina http://www.juegosdelogica.com/ tes simuladores de xogos de lóxica con diferentes niveis de dificultade. Representa un reto para o alumnado o ir superando os niveis.
  8. A páxina web http://www.divulgamat.net está desesnvolvida pola Comisión de Divulgación da Real Sociedad Matemática Española (R.S.M.E.). e poderemos encontrar contidos matemáticos para todolos niveis. Nesta páxina recóllese información acerca de outras páxinas de internet con contidos matemáticos.
  9. A páxina http://www.recursosmatematicos.com/redemat.html premiada en Galiza co I Premio das TIC aplicadas á Educación Primaria e Secundara simplifica ao máximo a búsqueda en Internet de páxinas sobre Matemáticas.
  10. Na páxina http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2004/b/poliedros/poliedros.html poderás ve-los poliedros regulares, semirregulares e a súa construcción en papel.
  11. Na páxina http://www.geogebra.org/cms/index.php?option=com_content&task=blogcategory&id=70&Itemid=57, podrás descargar GeoGebra, un programa para traballar contidos xeométricos.
  12. Na páxina http://www.cdlibre.org/ atoparás software libre e gratuito para Windows. Tes desde programas educativos, xogos, compresores, ...
  13. Na páxina http://sauce.cnice.mecd.es/~ebac0003/ atoparás un laboratorio Matemático baixo o lema "xoga, manipula e investiga" con exemplos moi gráficos.

"El Geni". Xenera exercicios de cálculo cos números N, Z, Q e R

Só tes que picar no seguinte enlace e terás unha maneira sinxela de xerar follas de exercicios de cálculo con números Naturais, Enteiros, Racionais e con radicais. Ao mesmo tempo que xenera a folla o programa acha a resposta, pero logo podes imprimir a folla con resposta e sen resposta. ¡É estupendo! Wink

http://www.xtec.cat/iesterresdeponent/geni/castella/portada.html

Distribuir contido