Saltar navegación.
Inicio

Realidade e Matemáticas


O Príncipe das Matemáticas

O Príncipe dos Matemáticos

¿Que é facer MATEMÁTICAS?. Non é outra cousa que resolver problemas, baseados no cálculo e na xeométría, que nos plantea a realidade en tódolos ámbitos do coñecemento. Para conseguir respostas certas, debemos educarnos matemáticamente. Unha educación matemática básica conséguese alcanzando os obxectivos propostos polos organismos educativos para esta materia nos niveis da E.S.O.

As Matemáticas aparecen na vida cotiá, na Música, na Historia, na Xeografía, na Bioloxía e Xeoloxía, na Arquitectura, na Física, na Química, na Educación Física, na E.P.V., na Informática, ... É por esto que se considera unha asignatura fundamental na formación dunha persoa.

¿Poderías deseñar un artiluxio que nos sirva para medir os litros de agua que caen por metro cadrado un día de choiva?. Unha vez deseñando pensa en como melloralo para que non abulte moito e sexa fácil de interpretar. Unha vez que o teñas pensado sobre o papel xa podes levalo á realidade. Quizá teñas que facer retoques Matemáticos, e logo volver á realidade. Deste xeito temos un bucle entre Realidade e Matemáticas, esto é a investigación.

Realidade <-----------------> Matemáticas

Por certo, poderías dicirnos algo da biografía do señor da foto que encabeza o artigo.