Saltar navegación.
Inicio

Curso 2010-11

Ola a tod@s, benvidos un ano máis a nova edición da páxina web do noso centro. Que un ano máis é realizada polos alumn@s de 4ºC da E.S.O: Diego Fernández , Diego Montaña, Iván, Xeila, Kassandra, Darío e Bea. Nesta nova edición no apartado de alumnado ides poder facer:

-No apartado de presentación, que é a primeira sección, será na que nos presentaremos e nos achegaremos a todos vós.

-No apartado taboleiro, falaremos das saídas que faremos co centro e demáis.

-Tamén vos contaremos con detalle os partidos que se disputarán entre os profesores do centro e os alumnos que normalmente da moito que contar debido a baixa forma dos profesores e as inmellorables cualidades dos alumnos, eso farémolo no apartado de Actualidade.

-No apartado de Entrevistas os compañeiros Iván, Diego Fernandéz e Diego Montaña entrevistaran o xefe de estudos  de secundaria, Francisco Álvarez máis coñecido entre todos nós como Paco. Nesta entrevista amosaranos as súas opinións en diferentes temas comprometidos e xustificará a ausencia de picante na comida do comedor, unha práctica moi criticada polos alumnos do centro.

-En TestTouro poderedes facer novos test aportados por nós. Atrevédevos a demostrar o que sabedes do noso concello.

  -En Touro século XX: Imaxes para Lembranza seguiremos subindo fotos para cada ano poder completar máis este apartado.