Saltar navegación.
Inicio

Competencia Matemática

Entenderemos por Competencia Matemática a habilidade de comprender e usar as Matemáticas nunha variedade de contextos e situacións intra e extramatemáticas. Polo tanto, competencia no só significa habilidade ou destreza senón vontade de acción.

O fundamental do traballo competencial do alumnado e que ante unha situación, contextualizada ou non, sepa enfrontala coas ferramentas matemáticas que debera posuir. Por exemplo, se debe saber resolver sistemas de ecuacións, valoraremos se sabe utilizalos na resolución dun problema real determinado. O importante é se alumnado sabe resolver un problema de mesturas e non se sabe resolver un sistema de expresión formal complexa.

Para desenvolver a educación por competencias poderiamos utilizar proxectos interdisciplinares, como algo habitual nas aulas, para que os estudiantes non vexan os conceptos matemáticos desprendidos de aplicación á vida práctica.

Mentras a organización dos centros non permita este tipo de traballo, consideraremos os PMR = "Proxectos Matemáticos Realistas". Son actividades que parten dunha situación inicial relacionada co entorno social dos estudiantes e que debe resolverse coas ferramentes matemáticas que deben poseer nese momento, sendo moi importante a exposición e presentación do resultados obtidos e do que estes non suxiren. Por exemplo: "Posuimos dúas barras metálicas de igual diámetro e de 105 e 135 cm de loxitude. Temos que cortalas en trozos de igual lonxitude, procurando que non sobre nada. ¿Cales deben ser as medidas destes trozos e que pasa se os cortamos dunha lonxitude diferente?

As Matemáticas na ESO non só son un fin en si mesmo, senón un medio para que o alumnado logre a consecución de competencias en comunicación lingüística, tratamento da información, coñecemento e interacción co mundo físico, ámbito social, cultural, cidadán e artístico e á autonomía necesaria para actuar con criterio propio e tomar iniciativas, responsablemente, nos diversos aspectos que afecten á súa vida, incluído o campo da aprendizaxe.

 

Obxectivos:

A ensinanza das Matemáticas na E.S.O. contribuirá a que o alumnado desenvolva as capacidades implícitas nos seguintes obxectivos:

  1. Incorporar á linguaxe habitual os modos de argumentación e as formas de expresión matemática -(numérica, xeométrica, gráfica, probabilística, alxébrica, ...)- tanto nas situacións que se suscitan na vida cotiá como nas procedentes dos ámbitos matemáticos ou científicos, co obxeto de mellorar a comunicación, promover a reflexión e tomar decisións nos ámbitos mencionados.
  2. Analizar matemáticamente a realidade: Utilizar procedementos de medida, técnicas fiables de recollida e análise de datos, crear modelos matemáticos, empregar a notación numérica e gráfica máis axeitada para representalos e realizar o cálculos que nos proporcionen a información máis significativa de cada situación.
  3. Identificar os elementos matemáticos (datos estatísticos, xeométricos, gráficos, cálculos, ...) presentes nos medios de comunicación, internet, publicidade ou outras fontes de información. Analizar criticamente estes elementos e valorar a súa influencia sobre a comprensión das mensaxes publicadas.
  4. Identificar, describir, representar e cuantificar as formas e relacións espaciais que se presentan na vida cotiá, en contextos científicos e artísticos, analizar as propiedades e relacións xeométricas implicadas, valorar a súa compoñente estética estimulando a creatividade e a imaxinación.
  5. Utilizar de forma adecuada os medios tecnolóxicos: calculadoras, ordenadores, ... para realizar cálculos numéricos e alxébricos e representacións gráficas, obtendo a información suficiente para dar resposta a situacións dos ámbitos científicos e da vida cotiá.
  6. Fortalece a capacidade de razoamento, actuando ante os problemas que se suscitan na vida cotiá con modos propios da actividade matemática, tales como: a exploración sistemática de alternativas utilizando correcta e oportunamente os métodos de demostración: reducción ao absurdo, deductivo, indución; a precisión na linguaxe, a xustificación dos razoamentos, a necesidade de verificar as informacións recibidas, ...
  7. Formular e resolver problemas matemáticos ou procedentes doutros ámbitos, individualmente ou en grupo, valorando a conveniencia de aplicar determinadas estratexias en función dos datos obtidos e contrastados, mostrando flexibilidade ante as posibilidades existentes, unha actitude positiva de búqueda de solucións e confianza nas propias capacidades sen subestimar as capacidades dos demáis.
  8. Integrar os coñecementos matemáticos na bagaxe cultural propia, en conxunción cos saberes que se van adquirindo desde as distintas áreas e aplicalos para analizar e valorar fenómenos sociais como a diversidade cultural e de opinión, o respeto ao medio ambiente, a saúde, o consumo, a igualdade de xénero, a convivencia pacífica, a educación vial, o respeto aos dereitos das persoas e ás súas opcións, ...
  9. Descubir o valor das matemáticas no desenvolvemento dos medios que utilizamos na sociedade actual.