Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

Alumnado de 4° de ESO admitido no IES As Telleiras

26/02/2019

Todo o noso alumnado que solicitou praza no IES As Telleiras, para facer 1° de Bacharelato no próximo curso, foi admitido. Achegamos o documento enviado por este instituto.

Erro no calendario escolar do Feal


Fai clic para ampliar o calendario

12/02/2019

Pedimos desculpas por non caer na conta ata agora de que o 19 de marzo é festivo autonómico en 2019, pero aínda non era oficial a comezos de curso. Xa corriximos o erro na web, e en breve teremos que corrixir todos os calendarios pinchados nos taboleiros do centro, que son bastantes.

Proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019/20

Zona de  influencia urbana do CPI do Feal

Resumimos a aplicación para o presente curso da Orde do 12 de marzo de 2013 (modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017), pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria en centros docentes sostidos con fondos públicos (pódese consultar toda a información no portal educativo da Xunta):

1. Reserva de praza dos centros adscritos

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, debeu presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I entre os días 1 e 15 de febreiro. O centros adscritos ao noso son: CRA de Narón para 1º e 5º de Primaria, e CEIP de Piñeiros para 1º de ESO. O noso centro está adscrito ao IES As Telleiras para 1º de Bacharelato.

2. O alumnado do centro ten garantida a súa permanencia no mesmo ata a finalización das etapas educativas impartidas no centro; polo que o alumnado matriculado actualmente no CPI do Feal non terá que facer ningún trámite, salvo no caso de 4º de ESO.

3. Solicitude de admisión

  • As solicitudes axustaranse ao modelo oficial que se publica como anexo II da orde do 25 de xaneiro de 2017.
  • Os solicitantes presentarán unha única solicitude no centro que se solicita en primeiro lugar.

Xunto coa solicitude presentarán a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI da alumna/o ou do libro de familia
  • Certificación de matrícula do centro de orixe
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo (o centro estará pechado os días 4, 5, 6 e 19 de marzo)

Día non lectivo do curso 2018-19 escollido polo Claustro

11/09/2018

Na reunión do Claustro celebrada o 11/09/2018, acordouse escoller como día non lectivo adicional para o curso 2018-19 a seguinte data:

  • Luns 20 de maio de 2019

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para Primaria e ESO no curso 2018/19

22/05/2018

Xa está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto ou axudas (para libros e material escolar). Este prazo remata o 22 de xuño.

Achegamos a circular que será enviada ás familias sobre este asunto e os formularios para a solicitude.

Toda a información necesaria está dispoñible na correspondente web da Xunta de Galicia.

Uso de teléfonos móbiles e outros aparellos electrónicos no CPI do Feal

Móbil

25/09/2017

Achegamos a recente modificación (aprobada polo noso Claustro) das Normas de Organización e Funcionamento, no relativo ao uso de teléfonos móbiles e outros aparellos electrónicos no CPI do Feal.

Consulta a información académica do teu fillo/a desde o teu móbil

08/12/2016

O CPI do Feal está comezando a utilizar un servizo da Xunta de Galicia chamado abalarMóbil, que permite que as familias consulten a información académica dos seus fillos/as desde o seu ordenador ou móbil.

As principais utilidades deste servizo son as seguintes:

  • Consultar as cualificacións (despois do reparto dos boletíns)
  • Consultar as faltas de asistencia ou conduta
  • Recibir mensaxes do profesorado

De momento, comezaremos a probala principalmente na ESO (aínda que xa está funcionando nalgún grupo de Primaria).

A aplicación para móbiles (dispoñible gratuitamente en Google Play Store ou Apple App Store), só funcionará se o noso centro ten rexistrado o número do móbil no que se queira instalar. Por este motivo, en breve repartiremos unha circular nos grupos da ESO para que se entreguen os números de nais e pais actualizados a cada titor/a.

Pódese acceder a este sistema tamén a través da web chamada Espazo Abalar (o acceso do profesorado é idéntico ao do seu correo da Xunta).

No breve vídeo que abre este artigo, está ben explicado en que consiste esta ferramenta e como se crea unha conta. Ademais, quedará un enlace permanente á información de abalarMóbil na barra lateral esquerda da nosa web (baixo o apartado "Familias").

Animamos a todas as familias do CPI do Feal a que se unan a este interesante proxecto.

Aumento de prazas no noso comedor escolar

13/10/2014

Desde o luns 13 de outubro dispoñemos de 73 prazas no comedor escolar (para xantares), once máis das iniciais. Polo tanto serán usuarios/as de pleno dereito os 72 primeiros da lista aprobada polo Consello Escolar o pasado mes de setembro.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido