Saltar navegación.
Inicio

Adeus a Miguel Delibes

 

Mar González, 12 / 03 /2010

Esta mañá falecía o escritor Miguel Delibes. Nado en Valladolid en 1920, a súa extensa bibliografía comenzaría coa novela es La sombra del ciprés es alargada, coa que gañou o Premio Nadal en 1948. Licenciado en Comercio, a súa inclinación polas letras iniciase colaborando como periodista dende moi novo. Gran coñecedor da natureza e apaixoado da caza, reflicte esa temática en moitas das súas obras. No ano 1973 foi elixido membro da Real Academia Española. Son moitos os títulos deste autor que quedan na nosa memoria: El Camino, El príncipe destronado, Cinco horas con Mario, Señora de rojo sobre fondo gris, Los santos inocentes, Las ratas, El hereje... formarán parte da cultura literaria das xeracións de posguerra. Homenaxeado e recoñecido en vida a través de numerosos e prestixiosos galardóns como O Premio Príncipe de Asturias, o Premio Nacional de Las letras, Premio Cervantes, etc. Delibes permanecerá como un gran moralista que soubo plasmar a cotidianidade a través de entrañables personaxes. O noso recordo desde este rincón.

El Camino

Eu tamén gardo entre os meus recordos de infancia esa novela de Delibes. Era unha lectura obrigatoria en Primeiro de BUP e lembro que a profesora nos mandou facer un debuxo que recollese para nós a esencia da obra, e poñer debaixo algunha frase simbólica da mesma. A nosa clase quedou decorada con aquelas imaxes que cada alumno colleu da entrañable historia de Daniel, El Mochuelo e o seu mundo. Non sabía entón que o meu "camiño" profesional me levaría a facer o mesmo, e así durante varios cursos puxen esta obra como lectura e tamén lles mandaba aos meus alumnos facer un mural con debuxos e frases relacionadas con El Camino. Sempre tivo boa aceptación, pois a trama é sinxela e as personaxes son moi humanas e atemporais. A maxia de moitas obras de Delibes radica en que logra conectar con distintos tipos de lectores ao longo de distintas épocas e por iso creo que hai que agradecer o seu legado. Mar González.

El camino

Eu son un ignorante en literatura; o tempo é limitado e na miña vida optei por afondar máis noutros terreos, pero o artigo de Mar faime escribir unha pequena nota.

Cando comecei a vivir en Ferrol hai oito anos, vin cunha lixeira equipaxe. O único libro de literatura española que trouxen de Vigo foi El camino de Delibes. Non lembro se fora unha lectura obrigatoria no colexio ou no instituto, pero conectou comigo. Sobre todo, lembro que lla recomendei á miña nai porque sabía que lle traería recordos da súa infancia nunha pequena aldea leonesa e das súas dúbidas sobre irse a vivir á cidade. A miña nai, que deixou de estudar aos doce anos e moi pouco ten lido na súa vida, foi feliz lendo El camino.

Ángel Carrera

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com