Saltar navegación.
Inicio

Onde atopo o que necesito?

Biblioteca de Secundaria 2018

Fai clic para ampliar a imaxe

Os libros están organizados segundo a Clasificación Decimal Universal (CDU) e logo alfabeticamente segundo o apelido do autor.

  • Cada libro ten unha etiqueta que leva un número, e cada número indica a materia da que trata o libro. Así, por exemplo, se precisamos un libro de Bioloxía, hai que buscalo na estantería do número 5, de Literatura no número 8, etc.
  • Logo, a etiqueta leva tres letras en maiúscula, que se refiren ao primeiro apelido do autor.
  • E por último, outras tres letras minúsculas que se refiren ao título do libro (sen contar os artigos).

Por exemplo, se queremos buscar A esmorga de Eduardo Blanco Amor, miraremos na estantería de Literatura Galega e novela:

823-G
 
E logo polo apelido do autor:

BLA

E finalmente, polo título (sen contar os artigos):
esm

Este libro levaría no lombo unha etiqueta como esta:

823-G
BLA
esm

 

CLASIFICACIÓN
0- Dicionarios.  Enciclopedias

01 Catálogos
03 Dicionarios. Enciclopedias A-Z.
Enciclopedias temáticas

1- Filosofía. Psicoloxía

2- Relixións. Mitoloxía

26 Cristianismo
29 Mitoloxía. Outras relixións

3- Ciencias Sociais. Educación

32 Política
33 Economía
37 Educación
39 Etnografía. Folclore. Usos e costumes. Vida social
5- Ciencias Puras e Naturais

504 Ciencias do Medio Ambiente
51 Matemáticas
52 Astronomía
53 Física
54 Química
55 Xeoloxía
56 Paleontoloxía
57 Bioloxía
58 Botánica
59 Zooloxía

6- Ciencias Aplicadas. Tecnoloxía

61 Medicina
62 Tecnoloxía
63 Agricultura
64 Economía doméstica
67 Industria. Comercio. Oficios diversos

7- Arte. Música. Deportes

72 Arquitectura
74 Debuxo
75 Pintura
77 Cinematografía
78 Música
79 Deportes/Xogos
8- Lingüística e Literatura

81 Lingüística e Teoría Literaria
82F Lit. en Francés
82I Lit. en Inglés
82G Lit. en Galego
821-G Poesía
822-G Teatro
823-G Novela. Contos. Lendas
829-G Cómic. Outros xéneros
82C Lit. en Castelán
821-C Poesía
822-C Teatro
823-C Novela. Contos. Lendas
829-C Cómic. Outros xéneros

9- Xeografía. Biografía. Historia

91 Xeografía
929 Biografía
94 Historia
944-E Historia de España
944-G Historia de Galicia
AdxuntoTamaño
Plano_Biblioteca_Secundaria_2018_820x790.png15.57 KB

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com