Celebrando Sainte Cathérine
04/12/2023
O pasado venres, 24 de novembro o Departamento de Francés organizou a segunda edición do concurso de sombreiros en honor da celebración francesa de Sainte Cathérine.
Nesta festividade, que ten xa mais de cen anos, as catherinettes, mozas de 25 anos solteiras que traballaban nos glamurosos talleres de alta costura de París, tomaban o día libre e saían a divertirse ataviadas con vistosos tocados e sombreiros nos que predominaban as cores asociadas á santa: o verde (da esperanza) e o amarelo (da alegría).
Hoxe en día é a festividade dos modistas e costureiros e se celebra un importante concurso de sombreiros ao que concorren as máis importantes marcas de alta costura e as escolas de deseño.
As gañadoras deste ano, na nosa fealeira Sainte Cathérine foron:
- Primeiro premio: Gema Díaz (4ºB) e Saray Dopico (4º de ESO C)
- Segundo premio: Sofía Martínez e Lucía Soto (2º de ESO C)
- Terceiro premio: Carla Hermida e Aroa Montero (2º de ESO B)
Merci beaucoup à tous/toutes pour votre créativité et votre participation!
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com