24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas
21/10/2019
Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación española de Amigos do libro Infantil e Xuvenil (apoiada polo Ministerio de Cultura) en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
A iniciativa xorde para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.
Na biblioteca do CPI do Feal propoñemos estes días un xogo para que o alumnado sexa consciente da importancia deste espazo e da lectura.
Do 22 ao 28 de outubro cada recreo atoparás na biblioteca unha pregunta, que ten como resposta unha sola palabra. Fai a túa investigación e cando desveles as cinco palabras, forma unha frase (lema) relacionada coa lectura.
O día 30 entrega a túa papeleta. Entre o alumnado que descubra o lema agochado, faremos un sorteo de agasallos.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com