Cross Escolar no CPI do Feal
22/11/2024
No día de hoxe no centro educativo, recibimos uns 700 alumnos, para a celebración da fase local de cross escolar. A actividade foi organizada pola Xunta de Galicia a través do programa Xogade, o Club Atletismo Narón e o Concello de Narón, coa nosa colabaración.
O tempo acompañou e vivimos unha xornada deportiva moi bonita, compartido carreiras con outros centros da bisbarra, e co apoio de moitas familias.
Parabéns a todos/as os/as participantes pola súa entrega e especialmente ao nosalumnado que ademais de participar con moito entusiasmo, acadarón moi bos resultados.
Axuda para os afectados pola DANA en Valencia
06/11/2024
Dende o Concello de Narón se nos solicita colaboración para a recollida de axuda para os afectados/as pola DANA en Valencia. A fin de organizar mellor a recollida, solicitamos que voluntariamente acheguedes unicamente: auga, produtos de hixiene persoal e latas de atún.
A ANPA pola súa parte, tamén esta facendo unha recollida solidaria no seu local.
Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar
30/10/2024
Tal e como establece a lexislación vixente, dende hoxe quedan convocadas as eleccións ao Consello Escolar nos diferentes sectores.
Samaín 2024 na Biblioteca de Infantil e Primaria
20/11/2024
Premios do III Concurso de microrrelatos de medo (5º e 6º de Primaria)
- Gañadora: Leire Castro Luque (con Días de tormenta)
- Finalistas: Aloia Casanova Pita (con Un amor terrorífico) e Inés Pereira Cagiao (con Óscar, o alumno misterioso)
Premios do II Concurso Crea o teu monstro (3º e 4º de Primaria)
- Empate no primeiro premio: Marcos Pita de 3º de EP C e Marco Orosa de 3º de EP B
- Finalistas: Leire Corral Campos de 4º de EP A e Álvaro Rouco de 3º de EP C
Magosto 2024 da ESO
11/11/2024
O pasado venres 8 de novembro, celebramos o magosto para o alumnado secundaria, onde ademais de castañas tivemos tamén xogos tradicionales galegos. O tempo acompañou e puidemos desfrutar dunha xornada moi divertida e dinámica, onde o profesorado implicouse na organización e mesmo na participación nalgúns xogos. Podedes ver algunha imaxe no álbum Magosto 2024 da nosa galería.
Samaín 2024 na Biblioteca de Secundaria
04/11/2024
Achegamos unha presentación da Biblioteca de Secundaria que recolle as súas recentes actividades relacionadas co Samaín.
Samaín 2024
30/10/2024
Xa comezamos a subir imaxes do noso Samaín 2024 á nosa Galería. Entre elas, hai imaxes da entrada, dos corredores, da máis horrible contacontos do Feal, e por suposto... da máis malvada do Feal, orgullosa das mortes que provocou.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou un concurso de epitafios, onde se buscaba unha frase graciosa e inxeniosa. En Primaria os gañadores/as foron: Liam, Aloia e Sara de 5º A. En Secundaria: Raúl de 1º A, Marcos de 1º C e David de 2º B. Grazas a tod@s @s participantes!
Día das Bibliotecas Escolares 2024
Preme para ver a presentación das actividades no centro
29/10/2024
O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. En Infantil e Primaria, organizamos unha xincana por todo o cole con diferentes probas (jenga, tangram, distinguir olores, facer parellas...). Como agasallo por superar todas as probas, entregamos a nova mochila viaxeira.
Ademais, a biblio organizou unha tarde de portas abertas para as familias, que estiveron xogando e lendo cos seus fillos/as.
Achegamos enlaces a dúas presentacións: unha coas actividades no centro e outra cos nenos e nenas lendo en casa (grazas ás familias!).
Eleccións ao Consello Escolar. Sorteo público da Xunta Electoral
14/10/2024
Entre o 18 e o 22 de novembro, terán lugar as eleccións para a renovación dos Consellos Escolares dos centros educativos. O primeiro procedemento será Constitúir a Xunta Electoral, formada polo director do centro, un pai/nai, representante do PAS, un alumno/a e un profesor/a. O VENRES 18 DE OUTUBRO, terá lugar ás 09:00 horas, na dirección do centro, o sorteo público para determinar os membros da mesma, así como posibles suplentes.
Das difentes fases do proceso: presentación de candidaturas, calendario de actuacións etc, serán informados por este medio.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com