VIII Carreira Popular Concello de Friol

Felipe Barata

O pasado 9 de abril disputouse a VIII Edición da Carreira Popular de Friol, onde como é lóxico, tivemos unha gran presencia de deportistas ó competir na nosa casa. Cun gran abanico de deportistas de todas as idades, a xornada desenrolouse no medio dun gran ambiente deportivo e onde se mesturaba o lúdico co puramente deportivo e competitivo. Nesta ocasión, o noso club tivo un total de 15 pódiums.
Así, na categoría prebenxamín, Pablo López gañaba a proba, mentres que Alejandro Amil acadaba a segunda posición e Iría Díaz conseguía a segunda posición nesta mesma carreira no apartado feminino. Polo que respecta á categoría sub 10, Sabela Sánchez gañaba a carreira e Hugo Penas entraba na terceira posición. Xa na categoría sub 12, Sofía López tamén subía ao máis alto do pódium, mentres que a súa compañeira Susana López lograba a terceira posición. Entre os nenos, David Viña era segundo, e Lucas Roca, terceiro.
Na categoría sub 14, vitoria para Mateo Villar e Ramón Loureiro conseguía a segunda posición na categoría sub 16.
Na carreira absoluta, María Carballido entraba en terceira posición da xeral e segunda da súa categoría, mentres que Ana Hermida e Marcos Lage eran terceiros na súa categoría máster, na que tamén María José Caraballido era segunda.