Obradoiro de papiroflexia

O pasado martes 16 de decembro o alumnado de 1º ESO realizou un taller de papiroflexia organizado polos departamentos de Plástica, Lingua Castelá e Matemáticas. Invitamos a unha experta neste tema, a profesora de matemáticas Teresa Otero.

Coas súas explicacións conseguimos facer varias cousas, un marcapáxinas, un cucurucho, un sólido xeométrico para facer un pendente (e que cremos non seriamos quen de facer!!), e unha boca manda bicos.

Mentres Teresa nos ía explicando como dobrar o papel, tamén nos ía ensinando as construcións xeométricas que estabamos facendo ao mesmo tempo: aprendimos así a recoñecer mediatrices, bisectrices, cadrados, triángulos, trapecios, e moitas outras cousas.

Tamén coñecemos os principais conceptos desta arte: as dobreces val e montaña, o mapa de enrugas, os bolsos e as lapelas, e moitos outros conceptos que son necesarios para logo poder ler un libro e facer nos as nosas propias construcións.

Pasamos unha tarde moi divertida, e iso que non chegamos a aprender como facer un avión de papel!

Podedes ver mais fotos no apartado do departamento de Plástica.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer