Iniciar sesión: Acceso

Avisos

Avisos

Solicitude comedor escolar curso 2024/2025

Estimadas familias!

Infórmase de que xa está dispoñible o impreso de comedor para o curso 2024/2025, dito impreso poderá descargarse neste enlace (ANEXO II) ou recollelo no propio centro, unha vez cuberto e asinado deberase entregarse na Secretaría  ata o 19 de xullo, o horario tanto para recollida como entrega será de 9:30 h a 13:30 h.

É importante que a solicitude veña cuberta e asinada, indicando o nome e apelidos do alumno/a así como o curso no que vai estar matriculado/a durante o curso 2024/2025.

 

Un saúdo.

Pago telemático comedor escolar

A través da páxina web do espazoAbalar 

 

Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través de calquera navegador de Internet, e deben dispoñer dunha CHAVE365, ou un DNI electrónico / CERTIFICADO DIXITAL. Os pasos a seguir pódense consultar no seguinte enlace: Instruccións pago COMEDOR polo espazoAbalar

Sinalar que está funcionalidade só está dispoñible accedendo a ABALAR dende o navegador de internet(incluso dende o móbil).  
Esta funcionalidade non está dispoñible na APP dos dispositivos móbiles Android ou Iphone.  
 
 
 
  

A través da OV Tributaria

 

 O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran no impreso de pago.

 

https://ovt.atriga.gal/

 

Ao rematar o pago,  recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, de todas maneiras a aplicación xerará un documento xustificativo do pago etiquetado como MODELO 730 en formato pdf, o cal deberán descargar e gardar por se fose necesario para realizar unha comprobación do pago.

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA. CORONAVIRUS: COVID-19

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA. CORONAVIRUS: COVID-19

 

Estimadas familias:

Informarvos da publicacion (DOG do 30 de marzo de 2020) de axudas dirixidas a familias que durante o presente curso escolar pagan 0 € ou 1 € por día no comedor escolar.

As axudas establecidas son:

- Usuarios con servizo gratuíto: 2,50 €/día.

- Usuarios que pagan 1€: 1,50 €/día.

Presentación:

*Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a partir do inicio do prazo

*As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos deberán enviar un correo electrónico ao centro a seguinte dirección cpi.domingo.fontan.portas@edu.xunta.es  indicando:

ASUNTO: Axuda comedor - Nome de solicitante

ademais da seguinte información:

1. Fotografía do DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

2. Nome e apelidos do titor/a

3. Nome, apelidos e curso dos fillos/fillas

4. Titular e Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

 

*  Para calquera dúbida pódese poñer en contacto co centro

Teléfono 886.15.16.34 

(Horario: 10:00 h - 12:00 h)

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive. 

 

No caso de pais separados, deberá realizar o trámite o/a proxenitor que teña a custodia do/a menor. En caso de custodia compartida, calquera deles poderá presentalo (unha solicitude única).

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer