ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CPI DOMINGO FONTÁN, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta (percibirase unha compensación económica de 12,50€/día por gastos de dedicación e desprazamento) nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 1 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.
Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
SOLICITUDE COLABORADORES/AS COMEDOR (Descarga)
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer