Iniciar sesión: Acceso

SPRING WEEK 2024

O grupo de 3º da ESO foi seleccionado para participar na actividade de inmersión lingüística en Inglés: Spring Week 2024.

A cualificación recibida polo noso proxecto foi a máis alta do seu grupo de idade e é resultado dun grande labor de innovación educativa desenvolvido estes últimos cursos polas Seccións Bilingües de Bioloxía (Carlos Castro) e Educación Plástica (Sara Rosales), coordinados pola profesora de Inglés (Susana Simó).

O Ensino CLIL (Aprendizaxe Integrado de Linguas) consiste en empregar linguas estranxeiras en materias non lingüísticas para mellorar as competecias do alumnado, abrir o campo de utilización do Inglés e ampliar o vocabulario específico. 

Require un gran esforzo por parte de profesores e alumnos, o que se ve recompensado con recoñecementos e oportunidades coma ésta.

A Spring Week desenvolverase en Mondariz durante a derradeira semana de Abril.

 

Ligazón á resolución definitiva 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer