Estimadas familias,
O próximo luns 27 de febreiro levarase a cabo unha nova sesión da Escola de Familias do CPI Domingo Fontán e das Escolas de Educación Infantil de Romai e Lantaño.
Unha das preocupacións comúns, tanto das familias como do profesorado, é o coidado do benestar emocional das crianzas e o seu acompañamento para favorecer a resiliencia, o desenvolvemento das competencias emocionais e a autoestima.
Raquel Pedrouso, especialista en intelixencia emocional, acompañaranos na próxima xornada da Escola de Familias para axudarnos a mellorar as competencias emocionais en familia.
Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada poderá permanecer nas instalacións co acompañamento de persoal do centro, mentres as súas familias participan na actividade.
Importante: Para facer unha previsión das persoas participantes, agradecemos a confirmación de asistencia mediante correo electrónico cpi.domingo.fontan.portas@edu.xunta.gal ou no teléfono 886151634.
A vosa presenza é moi importante, agardámosvos!
Onde? Biblioteca do CPI Domingo Fontán
Cando? 27 de febreiro ás 17.45h
Organiza: Departamento de Orientación en colaboración co CFR de Pontevedra.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer