Iniciar sesión: Acceso

Charla e café

Estimadas familias,

 

O próximo luns 14 de novembro ás 17:45h na biblioteca do centro volve a Escola de Familias (charla e café) do CPI Domingo Fontán.

 

Recibiremos a Antonio Rial Boubeta, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e experto en adiccións na xuventude, para falar do uso intensivo de internet, as redes sociais e os videoxogos na adolescencia, así como dos problemas a nivel emocional e de convivencia que traen consigo.

 

O profesor Antonio Rial exporá datos reveladores a este respecto e reflexionará coas familias asistentes sobre este non tan novo problema. Asemade, propoñerá algunhas claves e ferramentas para poder afrontalo no día a día.

 

Co fin de facilitar a conciliación, o alumnado (escolarizado no centro) poderá permanecer nas instalacións acompañado de persoal do centro mentres as súas familias participan na actividade.

 

Animádevos a asistir, a vosa presenza é moi importante!

 

Biblioteca do CPI Domingo Fontán

 

O luns 14 de novembro de 2022 ás 17.45h

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer