AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA. CORONAVIRUS: COVID-19
Estimadas familias:
Informarvos da publicacion (DOG do 30 de marzo de 2020) de axudas dirixidas a familias que durante o presente curso escolar pagan 0 € ou 1 € por día no comedor escolar.
As axudas establecidas son:
- Usuarios con servizo gratuíto: 2,50 €/día.
- Usuarios que pagan 1€: 1,50 €/día.
Presentación:
*Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a partir do inicio do prazo
*As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos deberán enviar un correo electrónico ao centro a seguinte dirección cpi.domingo.fontan.portas@edu.xunta.es indicando:
ASUNTO: Axuda comedor - Nome de solicitante
ademais da seguinte información:
1. Fotografía do DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
2. Nome e apelidos do titor/a
3. Nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
4. Titular e Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.
* Para calquera dúbida pódese poñer en contacto co centro
Teléfono 886.15.16.34
(Horario: 10:00 h - 12:00 h)
Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.
No caso de pais separados, deberá realizar o trámite o/a proxenitor que teña a custodia do/a menor. En caso de custodia compartida, calquera deles poderá presentalo (unha solicitude única).
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer