Iniciar sesión: Acceso

Escola de familias: xestión emocional e comunicación

 

 

Estimadas familias,

Despois da boa acollida do inicio da Escola de Familias deste curso do CPI Domingo Fontán e das Escolas Unitarias de Lantaño e Romai, queremos darlle continuidade a este proxecto común, dando resposta ás cuestións que vos preocupan e buscando conxuntamente estratexias para facilitar a educación das crianzas.

Entre as preocupacións máis comúns que extraemos da primeira sesión, están a xestión emocional e a comunicación, ambas base para educar nestes tempos tan complexos. A boa xestión emocional das nenas e nenos facilitará calquera outra cuestión como pode ser o uso adecuado das redes sociais, a educación sexual, a inclusión, as relacións co grupo de iguais, a xestión de triunfos e fracasos, o éxito escolar, a prevención do acoso escolar, os procesos de adaptación, a xestión das rabietas, do estrés, da frustración, etc. En definitiva, unha boa xestión emocional pasa por ter unha autoestima sólida como base para construír unha personalidade saudable e saber xestionar as situacións diarias.

Nesta aprendizaxe contaremos con DANIEL NOVOA, un psicólogo experto en educación emocional que nos axudará a encontrar as estratexias que necesitamos para esta complexa labor da educación.

 

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por coidado das nenas e nenos poñédevos en contacto con Silvia (a orientadora). A vosa presenza é importante.

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación, animádevos a vir!

 

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádello á orientadora antes do 28 de novembro.

 

 

ONDE? Na biblioteca do CPI Domingo Fontán

 

CANDO? O martes 10 de decembro de 2019 ás 17.30

 

Agardámosvos!

Organiza: Departamento de Orientación en colaboración co CFR de Pontevedra

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer