Estimadas familias,
Durante este curso escolar queremos retomar a Escola de Familias do CPI Domingo Fontán e das Escolas Unitarias de Lantaño e Romai, co fin de ofertar unha serie de encontros e recursos para tratar temas de interese para a comunidade educativa de Portas.
Para iso imos comezar facendo un primeiro encontro no que a través da dinámica “world-café” debateremos sobre o que nos preocupa da educación das nosas fillas e fillos e extraeremos estratexias que nos axudarán no día a día.
Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por coidado das nenas e nenos poñédevos en contacto coa orientadora do centro e trataremos de buscar unha solución. A vosa presenza é importante.
Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.
Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo á orientadora antes do 29 de outubro.
ONDE? Na sala de audiovisuais do CPI Domingo Fontán
CANDO? O luns 4 de novembro de 2019 ás 17.30
Agardámosvos!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer