FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
DOCUMENTACIÓN PARA ALUMNADO NOVO:
Prazos para formalizar a matrícula:
a)Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño
b)E.S.O.:do 23 de xuño ao 7 de xullo
· Impresos de matrícula
Anexo III-1 + Impreso Infantil
Anexo III-1 + Impreso Primaria
Anexo III-2 + 1º ESO - 2º ESO - 3º ESO - 4º ESO
· ANEXO II: Autodeclaración de comedor(PENDENTE)
(No caso de solicitar dito servizo)
· 2 Fotografías, tamaño carné
· Fotocopia libro de familia
· Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)
· Volante ou Certificado de convivencia
(no que figuren todos os membros da unidade familiar)
· Fotocopia da certificación académica do último curso realizado.
(para alumnado que non comeza etapa)
· Fotocopia da sentencia xudicial de separación ou divorcio
(no caso de que proceda)
· Xustificante de pago do seguro escolar de 1,12 € na conta
ES66 2080 5413 1130 4010 3842
do "CPI Domingo Fontán” en ABANCA
(só alumnado de 3º e 4º curso da ESO)
DOCUMENTACIÓN PARA ALUMNADO DO CENTRO:
· ANEXO II: Autodeclaración de comedor (PENDENTE)
(No caso de solicitar dito servizo)
· 1 Fotografía, tamaño carné, co nome e curso por detrás.
· Fotocopia do DNI do alumno/a
(se o teñen ou non o trouxeron o curso pasado)
· Fotocopia da sentencia xudicial de separación ou divorcio
(no caso de que proceda)
· Xustificante de pago do seguro escolar de 1,12 € na conta
ES66 2080 5413 1130 4010 3842
do “CPI Domingo Fontán” en ABANCA
(só alumnado de 3º e 4º curso da ESO)
NO SUPOSTO DE ALUMNOS/AS QUE TEÑAN ALGUNHA ALERXIA ALIMENTARIA, DIABETES, EPILEPSIA, ETC… DEBERÁN TRAER:
· Informe médico con diagnostico e recomendacións asistenciais.(se non o trouxeron o curso pasado)
E SE DESEXA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE ALERTA ESCOLAR DEBERÁN TRAER
BOLSAS DE ESTUDO 23-24:
Máis información: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html#para-que-estudios
Ligazón á Sede Electrónica: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?iA=no
Aberto o prazo de presentación de solicitudes de bolsas para o curso 2022-2023: do 30 de marzo ó 12 de maio.
Enlace a páxina do MEC para a realización da solicitude:
https://www.becaseducacion.gob.es
Documentación relativa a convocatoria:
Hai só unhas poucas semanas os encantadores estudantes da nosa escola amiga Horenychi Secondary School (de Gorenychi, moi preto de Kiev) presentábannos nunha reunión virtual as marabillas do seu país e convidábannos a todos a ir a visitalos. Traballaramos con eles nun gran proxecto eTwinning o curso pasado, grazas á súa profe Anna.
Un mes antes, fomos nós quen lles amosábamos Portas, lles falábamos sobre Domingo Fontán e nos felicitaron alegremente polo 50º aniversario do CPI!
Non temos palabras para describir a dor e a impotencia que nos causan as novas que veñen dende Ucraína, dinnos que por agora se atopan ben, pero non podemos imaxinar cómo poden sentirse baixo constantes ataques e misiles. Dende aquí só podemos enviarlles o noso ánimo e desexar que todo acabe pronto e ben!
Hoxe, tras unha semana de guerra, enviaronnos cómo están a vivir este pesadelo:
O Equipo de proxectos europeos do CPI ven de recibir o SELO DE CALIDADE EUROPEO polo seu proxecto "Europe is the Way".
O equipo da plataforma eTwinning enviounos esta fermosa mensaxe de noraboa:
Todos estamos moi satisfeitos por este recoñecemento internacional ao noso traballo e ao dos nosos alumnos da ESO.
Grazas a todos!!!
Preme aquí para ver o resumo (Mapa Interactivo)
Preme aquí para ir ao TwinSpace (páxina do proxecto en eTwinning)
Acábannos de enviar unha placa conmemorativa do Selo de Calidade Europeo de eTwinning que colocamos á entrada do noso CPI, xunto á placa que nos enviaran o ano pasado co gallo da nosa participación no Proxecto de Mobilidade Erasmus+ KA1.
Moitas grazas polo recoñecemento e polos ánimos para seguir facendo Proxectos Europeos!
Se queres saber máis sobre os nosos proxectos europeos "Abrindo Portas a Europa" visita o noso blog premendo AQUÍ.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer