Iniciar sesión: Acceso

Fondo libros, axuda libros e axuda material

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2024/25

Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos for­mularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Asemesmo, poderanse  presentar as solicitudes presencialmente no propio CPI Domingo Fontán,  descargando os seguintes  formularios de solicitudes

 Anexo I e Anexo II

ou recollendo os impresos na secretaría, e entregándoos despois debidamente cumprimentados.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2024/2025

Estimadas familias,

Achégase a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso 2024-2025 na que se recolle, entre outros detalles, que as actividades lectivas comezarán o día 11 de setembro de 2024 e rematarán o 20 de xuño de 2025.

Podedes acceder ao documento completo premendo aquí.

Un saúdo.

Vacacións escolares


Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:


– Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.
– Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

O día 21 de marzo de 2025. (Festivo local establecido polo Concello)
– Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

- O día 2 de maio de 2025. (Data pdágoxica establecida polo centro)

 

SPRING WEEK 2024

O grupo de 3º da ESO foi seleccionado para participar na actividade de inmersión lingüística en Inglés: Spring Week 2024.

A cualificación recibida polo noso proxecto foi a máis alta do seu grupo de idade e é resultado dun grande labor de innovación educativa desenvolvido estes últimos cursos polas Seccións Bilingües de Bioloxía (Carlos Castro) e Educación Plástica (Sara Rosales), coordinados pola profesora de Inglés (Susana Simó).

O Ensino CLIL (Aprendizaxe Integrado de Linguas) consiste en empregar linguas estranxeiras en materias non lingüísticas para mellorar as competecias do alumnado, abrir o campo de utilización do Inglés e ampliar o vocabulario específico. 

Require un gran esforzo por parte de profesores e alumnos, o que se ve recompensado con recoñecementos e oportunidades coma ésta.

A Spring Week desenvolverase en Mondariz durante a derradeira semana de Abril.

 

Ligazón á resolución definitiva 

 

 

Becas

INFORMACION SOBRE BECAS DE ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

"Aberto o prazo para a solicitude de BECAS  para estudos postobrigatorios para o curso 2024/2025:

para Bacharelato e FP. 

Do 19 de marzo ao 10 de maio. 

Pódese consultar toda a información no seguinte enlace:  

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html"

 

Proceso de admisión

Admisión alumnado

 

 Unicamente para alumnado doutros centros ou que se incorpore ao sistema educativo por primeira vez. 

 

Prazos do proceso 

SOLICITUDE DE ADMISON: Do 1 ao 20 de marzo

 

 

  +Máis información

 

                                 

VACANTES Curso 2024-2025

100%

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer