Iniciar sesión: Acceso

Renovación parcial do Consello Escolar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

(Renovación Parcial  do Consello escolar)

A teor do disposto na Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos  informáse de que se convocan eleccións ao Consello Escolar nos seguintes sectores:

 

-Representantes do profesorado

-Representantes do alumnado

-Representantes dos pais/nais/titores legais

 

 

* Publicación dos correspondentes censos electorais dos diferentes sectores.

Período de reclamación: Ata o 8 de novembro.

 

* Prazo de presentación de candidaturas : do 30 de outubro ao 11 de novembro.

 


* Votación para todos os sectores: 
do 18-22 de novembro.

 

 

 

 

SORTEO PÚBLICO PARA  A DESIGNACIÓN DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

 

DATA:Venres 18 de outubro de 2024

HORA: 11:30 h

LUGAR: Biblioteca do CPI Domingo Fontán

 

 

Portas, 16 de outubro de 2024

A dirección

 

PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES/AS DO COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CPI DOMINGO FONTÁN, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.

 

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta  (percibirase unha compensación económica de 12,50€/día por gastos de dedicación e desprazamento)  nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 1 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

 

Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

SOLICITUDE COLABORADORES/AS COMEDOR (Descarga)

 

 

Solicitude comedor escolar curso 2024/2025

Estimadas familias!

Infórmase de que xa está dispoñible o impreso de comedor para o curso 2024/2025, dito impreso poderá descargarse neste enlace (ANEXO II) ou recollelo no propio centro, unha vez cuberto e asinado deberase entregarse na Secretaría  ata o 19 de xullo, o horario tanto para recollida como entrega será de 9:30 h a 13:30 h.

É importante que a solicitude veña cuberta e asinada, indicando o nome e apelidos do alumno/a así como o curso no que vai estar matriculado/a durante o curso 2024/2025.

 

Un saúdo.

Concerto Lucía Pérez

Concerto de Lucía Pérez

Auditorio da azucreira de PORTAS

DATA: Domingo 26 de maio de 2024

HORA: 19:30 H

 

Vídeo Promocional

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer