LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 21-22

 

COLEGIO DIVINA PASTORA PRIMARIA S. MIGUEL: AVISO IMPORTANTE

 

En arquivo adxunto achéganse as listaxes DEFINITIVAS  de beneficiarios FONDO SOLIDARIO para o curso 2021-2022 para EDUCACIÓN PRIMARIA.

EN BREVE PUBLICARASE DATA DE ENTREGA DE LOTES DE LIBROS .

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 21/22

 

Atención: vectores, gráficos, imágenes vectoriales | Depositphotos®

En arquivo adxunto achéganse as listaxes provisionais de beneficiarios FONDO SOLIDARIO para o curso 2021-2022 para EDUCACIÓN PRIMARIA (admitidos e excluídos)

O venres 25 de xuño publicaranse as listaxes definitivas.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

LIBROS DE TEXTO - Nuestra Señora de la Victoria | Centro Educativo en  Antequera

 

 

En documento adxunto achégase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022.

ENTREVISTA á nosa AUXILIAR DE CONVERSA HALEY

ENTREVISTA Á NOSA AUXILIAR DE CONVERSA HALEY

 

Durante esta derradeira semana de maio, o alumnado de 6º de primaria entrevistou á nosa auxiliar de conversa, coincidindo ademais coa súa despedida e agardando que para o vindeiro ano poida voltar con nós.

            Deixámosvos o vídeo e fotos con tódolos cursos. A ver qué cousas interesantes nos contou:

https://www.youtube.com/watch?v=e9KLg_FW3Zk

 

 

 

CONEXIÓN BARALLA-CORUÑA

 

 

Basquet Coruña | Plantilla

 

CONEXIÓN BARALLA-CORUÑA

Ao longo do mes de maio o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria entrevistou ao capitán do Basquet Coruña (equipo da Liga Leb Ouro): JAVI VEGA.

A continuación, deixámosvos un vídeo resumo para que o coñezades mellor:

https://youtu.be/BcRSQmrupRA

OS TROTASONGS

 

 

O pasado venres 21 de maio, OS TROTASONGS visitaron aos nenos e nenas de educación infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.

Podedes ver no seguinte enlace as imaxes desa xornada:

https://orecunchodecamaleo.blogspot.com/

HORARIO XUÑO 2021

 

Horario de verano en el reloj de Estados Unidos, alarma, electrónica,  calendario, feliz cumpleaños vector imágenes png | Klipartz

 

COMUNICAMOS que o  VINDEIRO MARTES 1 DE XUÑO EMPEZAMOS O HORARIO MATINAL:

HORA DE ENTRADA: 10:10h

REMATE CLASES: 15:10h

HORA SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 16:10h

ENCONTRO VIRTUAL CO XOGADOR DE BASQUET JAVI VEGA

Javi Vega deja el San Pablo Burgos tras cinco años

O pasado xoves 20 de maio o alumnado de 3º de Educación Primaria tivo un encontro virtual con Javi Vega, xogador do Basquet Coruña da Liga Leb Ouro. Aínda que aparentemente todo apuntaba a unha entrevista, levou unha sorpresa moi grata ao ver aos seus “Minijavis”: creacións artísticas con pasta de modelar branca que representan unha pequena maqueta de Javi como deportista.

Cal foi a súa reacción? A resposta, por medio do seguinte enlace onde se mostra un vídeo resumo:

https://www.youtube.com/watch?v=jCyUy3pChjE

ENCONTRO VIRTUAL CO TEATRO DA ZARZUELA

 

 

 

O vindeiro venres 28 de maio, o alumnado de 3º ESO terá un encontro virtual co Teatro da Zarzuela de Madrid. Aprenderemos moitas cousas sobre este xénero musical, así como sobre o Proxecto Zarza, que busca achegar á xente nova a este xénero.

Na seguinte ligazón podedes ver como foi ese encontro: 

 

https://twitter.com/TeatroZarzuela/status/1398340042410663938?s=08

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 22-23

 

CAMBIO FECHA. Plazo fondo solidario libros de texto. | Colegio Plurilingüe  San José - FEC

 

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023

Consulten no seguinte enlace: 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

 

PRAZO PARA SOLICITAR: ata o 22 DE XUÑO

PROCEDEMENTO: 

-TELEMÁTICO:As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

-PRESENCIAL: con CITA PREVIA que se solicitará no teléfono 982 870071. 

Nesa mesma cita tamén se cubrirán os documentos de elección de relixión ou valores, autorización de imaxe e autorización recollida alumnado curso 22-23.

 

NON SE ATENDERÁ A NINGUNHA FAMILIA SEN CITA PREVIA.

Se teñen dúbidas, chamen por teléfono

DOCUMENTACIÓN: 

- Libro de familia (fotocopia), de non ter , certificado de convivencia

- certificado de discapacidade (fotocopia)

- sentenza de divorcio ( fotocopia)

- situación de violencia de xénero (fotocopia)

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet