DECRETO 38/2021, do 4 de marzo, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2021.
Debe acudir a cada centro educativo, como servizos mínimos, ademais do titular da dirección ou de quen o substitúa, un profesor ou profesora por cada grupo de alumnos que teña prevista actividade lectiva no tempo da folga.
Tales funcións deben reforzarse no caso do alumnado con necesidades educativas especiais, para o cal o nivel de protección debe ser absoluto, razón que nos leva a fixar como servizos mínimos o 100 % do persoal auxiliar coidador.