RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Resolución de 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que no ámbito educativo establece entre outros acordos o restablecemento do prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Tamén se establecen os novos prazos do procedemento que se reducirán á metade. Información no arquivo adxunto.

A partir do día 11 de maio, o Centro estará aberto para o trámite de admisión, en horario de mañá, de 10 a 13 horas, para as familias que non o tiveran formalizado antes do decreto do Estado de Alarma. Concretar antes a cita por teléfono.

TELÉFONO DE ADMINISTRACIÓN E CONSERXERÍA- 881880755

AdxuntoTamaño
Restablecemento periodo de Admisión.pdf70.25 KB

Powered by Drupal - Design by artinet