O NOSO CENTRO

O NOSO CENTRO 

 

O CPI DE XANCEDA é un centro pequeno no que conviven tres etapas: infantil, primaria e secundaria. 

Na Educación Infantil só hai unha clase para 3, 4 e 5 anos. Na Educación Primaria seis clases para cada liña. 

 

 

 

 

 

Na planta baixa ademáis dalgunhas aulas tamén está a biblioteca para uso do todo centro. Tamén a sala de profesores de primaria e secundaria además dos depachos de dirección, secretaría e xefatura de estudos e o comedor. 

No primeiro piso además dalgunhas clases sitúanse a aula de música e usos múltiples e as aulas de PT e AL. 

Na secundaria temos catro clases para cada liña e dous desdobres. Tamén temos dúas aulas de informática, un laboratorio, un aula de plástica e unha de tecnoloxía.Tamén están os departamentos. 

A aula de plástica sitúase na parte baixa do edificio. Esta materia impártese en 1º e 3º. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os departamentos están no segundo andar e están preto das aulas. 

As aulas de informática e laboratorio sitúanse na parte baixa e as primeiras son de uso colectivo do centro (infantil, primaria e secundaria). A de laboratorio e plástica só para uso de secundaria. 

A zona de secundaria e moi luminosa pero quente no verán e fría nos meses de outono, inverno e primaveira. 

 

 

 

 

 Realízanse moitas actividades ao longo do ano, celebrando as datas sinaladas (magosto, nadal, entroido, día do peón, día da paz, letras galegas...). Cabe destacar o acto de final de curso de graduación dos alumnos de 6º e 4º ESO,  e as saídas de interese pedagóxico son múltiples tanto na educación infantil, primaria e secundaria.

 

Powered by Drupal - Design by artinet