ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DOS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI DE XANCEDA, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2017-2018

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2017-2018, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor ecolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2017, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2017.

Durante o curso escolar 2017-2018 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

En Xanceda, a 3 de xullo de 2017 .

A directora do centro,

Asdo: Mª Cristina Mourelo Barreiro

Powered by Drupal - Design by artinet