O ALUMNADO DE 6º DE ED. INFANTIL FAI A SÚA VENDIMA
O grupo de 5 anos do noso colexio fixo todo o proceso da vendima. Pódese ver todo o proceso no vídeo achegado. Xa veredes que o pasaron moi ben!!!
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
CALENDARIO ELECTORAL AO CONSELLO ESCOLAR
O vindeiro día 19 de novembro, martes, celébrase neste centro a votación para a elección dos representantes dos pais, nais ou responsables no Consello Escolar entre as 9:30 e as 14:30 horas.
O sector dos responsables pode ter 3 representantes no Consello Escolar, dos cales hai que renovar 2 membros. 1 destes candidatos será proposto pola ANPA do CPI de Xanceda.
O prazo de presentación das candidaturas comeza o 30 de Outubro e remata o 6 de novembro.
A campaña electoral comeza o día 11 de novembro.
A votación dos representantes do Consello Escolar é o 19 de novembro.
Xúntanse os escritos para presentar a candidatura do alumnado e dos responsables.
CIRCULAR INFORMATIVA - ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
CIRCULAR INFORMATIVA - ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos, dáse comezo ao proceso de elección para a elección de novos representantes ao Consello Escolar entre o:
Alumnado de ESO (renovación de 2 representantes)
Profesorado (renovación de 4 representantes)
Persoal Non Docente de administración e servizos (continúa no cargo)
Responsables (renovación de 2 representantes)
O proceso iniciarase co sorteo público dos membros da Xunta Electoral entre os anteditos grupos, precisándose . un vogal e un substituto de cada grupo, sorteo que terá lugar o luns 21 de outubro, no local da antiga cafetería (actual ludoteca) do CPI de Xanceda.. As datas de constitución da Xunta Electoral serán entre o 22 e o 28 de outubro. (punto segundo da antedita Resolución).
A Xunta Electoral elixida ordenará o procedemento das eleccións segundo a normativa e establecerá o calendario electoral.
1º.- Quen pode votar no Consello Escolar
Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ámbolos dous.
2º.- Modo de emitir o voto no Consello Escolar
a)
O voto será directo, secreto e non delegable.
b) Os modelos de papeletas serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
c)Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de dous nomes das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.
d)
Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.
A dirección deste Centro anima a todos os pais, mais e titores legais do alumnado a que participen na votación, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.
A directora, Sandra Irsheid Barros
Información sobre o pago do comedor a través do Abalar
Achegamos un pdf con información sobre como realizar o pago do comedor a través da plataforma Abalar. Esperamos que vos sexa de utilidade.
formulario de actividades extraescolares
Este formulario é para que os monitores das actividades extraescolares teñan unha aurización para recoller aos alumnos/as no centro e levalos ás actividades, e ao mesmo tempo poder informar ao transporte de que non deben esperar por eles ás 16:00
CAMBIOS NO MENÚ DE SETEMBRO NO COMEDOR
COMEDOR
CAMBIOS NO MENÚ DE SETEMBRO
Por cuestións de loxística, tivéronse que facer cambios no menú nas dúas primeiras semanas.