ALERTA LARANXA POR REFACHOS DE VENTO

       Alerta laranxa por refachos de vento de ata 100/km durante o 22 de novembro na provincia da Coruña e mariña de Lugo
 
 
Mar, 21/11/2017 - 16:14
 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 9 horas en adiante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 9.00h das instalacións do centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .

 

XANCEDA YOUTUBE

No enlace que aparece a continuación tedes vídeos e fotos ata o curso 2015 das actividades realizadas no centro. A partir de agora no bloque da dereita en XANCEDA TV (Youtube nova poderedes ver os vídeos novos)

https://www.youtube.com/user/cpidexanceda

RECOLLIDA ALUMNADO NO CENTRO E TRANSPORTE

A instrucción conxunta 9/2017 da Secretaría Xeral Técnia e da Dirección de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación establece recomendacións sobre a saída dos alumnos escolarizados nos centros educativos da Comunidade autónoma galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

Atendendo a estas recomendacións os Centros Educativos e Transporte escolar deben estar informados sobre a identidade das persoas autorizadas a recoller ao alumnado tanto na parada do transporte como no propio centro educativo. O alumnado menor deberá ser recollido unicamente polos titores legais e as persoas autorizadas ao efecto por eles. Tamén poderán autorizar aos seus fillos a partir de 5º de primaria a recoller e acompañar aos irmáns menores ou ir andando dende a parada do autobús ata a casa. En ningún caso o alumnado de infantil, 1º,2º,3º,4º de primaria poderá ser recollido por alguén que non estea autorizado.

Powered by Drupal - Design by artinet